Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62656

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 29 de novembro de 2022 pola que se amplían (terceira ampliación) os créditos establecidos para o programa III na Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (código de procedemento TR341M).

No Diario Oficial de Galicia núm. 160, do 20 de agosto de 2021, publicouse a Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

A dita Orde do 4 de agosto de 2021, de conformidade co estipulado no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece a posibilidade de ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles. O incremento do crédito está condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2021 (DOG núm. 248, do 28 de decembro) ampliouse a dotación orzamentaria dos programas II e III, e mediante a Orde do 29 de decembro de 2021 (DOG núm. 251, do 31 de decembro) aprobouse unha segunda ampliación dos créditos do programa II.

O artigo 49.2 da Orde do 4 de agosto de 2021 establece, para o programa III, que no suposto de que a contía da subvención xustificada en cada anualidade sexa superior á concedida ditaranse as resolucións complementarias no momento en que se liquide o expediente, conforme o expresado no artigo 20.

Para atender a necesidade de crédito derivada das resolucións complementarias está en trámite unha reasignación das contías sobrantes dos créditos consignados no programa II ao programa III e a presente ampliación dos créditos consignados para as axudas do programa III no artigo 50.1 da dita Orde do 4 de agosto de 2021.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o crédito consignado para o programa III no artigo 50.1 da Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022, para a anualidade 2022 no código de proxecto 2018 0099 e nas aplicacións orzamentarias que se indican:

Terceira ampliación de crédito

Procedemento

Aplicación orzamentaria

Importe

Programa III Custo salarial das persoas con discapacidade

TR341M

11.04.324C.470.4

711.035,00

11.04.324C.481.4

909,00

Total

711.944,00

Esta ampliación (711.944,00 €), xunto coas anteriormente publicadas (2.015.821,64 € e 292.066,36 €), e o crédito inicial consignado na Orde do 4 de agosto de 2021 (20.000.000 €) suman un orzamento final de 23.019.832,00 €.

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na dita Orde do 4 de agosto de 2021 para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade