Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62621

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022 pola que se modifican os prazos para a anualidade 2022 establecidos nos artigos 17 e 18 da Orde do 12 de setembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento administrativo IN606D).

O 4 de outubro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de setembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do SUG en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento administrativo IN606D).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, iniciouse a revisión da documentación achegada polos solicitantes para a continuación realizar a súa avaliación. A complexidade do seu proceso de avaliación non permite resolver as axudas nos prazos previstos polo que, co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non se causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2022 establecido nos artigos 17.3 e 18.3 da convocatoria.

Polo que antecede procede,

RESOLVER:

Artigo único. Modificación dos artigos 17.3 e 18.3 da Orde do 12 de setembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do SUG en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento administrativo IN606D)

1. O artigo 17.3 da citada orde queda redactado do seguinte xeito:

17.3. A data límite para a sinatura dos contratos, que se establecerá na resolución de adxudicación das axudas, será para todos os beneficiarios o 30 de decembro de 2022.

2. O artigo 18.3 da citada orde queda redactado do seguinte xeito:

18.3. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período de xustificación

Data límite
de presentación

1ª xustificación

– A documentación indicada nas epígrafes a) e d) do punto 2 deste artigo.

Con esta xustificación unicamente se librarán os fondos relativos ao complemento por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias.

30 de decembro de 2022

2ª xustificación: mensualidades de decembro de 2022 a marzo de 2023, ambos os meses incluídos.

– A documentación indicada nas epígrafes c), d),e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo.

Con esta xustificación libraranse os fondos relativos aos gastos da persoa contratada, aos gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial e aos fondos relativos ao complemento da persoa contratada,

31 de maio de 2023

3ª xustificación: de abril de 2023 a setembro de 2023, ambos os meses incluídos.

– A documentación indicada nas epígrafes a), b), d), e), f), g), h) do punto 2 deste artigo e a documentación que se indica no punto 6 deste artigo.

Con esta xustificación libraranse os fondos relativos aos gastos da persoa contratada e aos gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial.

30 de novembro de 2023

4ª xustificación: de outubro de 2023 a marzo de 2024, ambos os meses incluídos.

– A documentación indicada nas epígrafes e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo e a documentación que se indica no punto 6 deste artigo.

Con esta xustificación libraranse os fondos relativos aos gastos da persoa contratada, aos gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial e aos fondos relativos ao complemento da persoa contratada.

31 de maio de 2024

5ª xustificación: de abril de 2024 a setembro de 2024, ambos os meses incluídos

– A documentación indicada nas epígrafes a), b), d), e), f), g), h) e i) do punto 2 deste artigo e a documentación que se indica no punto 6 deste artigo.

Con esta xustificación libraranse os fondos relativos aos gastos da persoa contratada e aos gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial.

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación librarase tamén o importe das estadías.

30 de novembro de 2024

6ª xustificación: de outubro de 2024 a marzo de 2025, ambos os meses incluídos

– A documentación indicada nas epígrafes e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo e a documentación que se indica no punto 6 deste artigo.

Con esta xustificación libraranse os fondos relativos aos gastos da persoa contratada e os gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial.

30 de maio de 2025

7ª xustificación: de abril de 2025 ata setembro de 2025, ambos os meses incluídos

– A documentación indicada nas epígrafes d), e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo e a documentación que se indica no punto 5 deste artigo que se ten que enviar coa última xustificación.

Con esta xustificación libraranse os fondos relativos aos gastos da persoa contratada e os gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial.

30 de novembro de 2025

8ª xustificación: de outubro de 2025 ata a finalización dos contratos

– A documentación indicada nas alíneas d), e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo e a documentación que se indica no punto 6 deste artigo que se ten que enviar coa última xustificación.

1 de marzo de 2026

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022

Francisco Conde López

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación
e presidente da Axencia Galega de Innovación

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

P.D. (Orde do 9 de febreiro de 2021)

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería
de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades