Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle (Ourense).
Denominación: repotenciación do CT 27AH34-Toldaos (Láncara).
Situación: concello de Láncara.
Características técnicas principais: ampliación da potencia do CTI Toldaos (27AH34) (expediente 4350-AT). Substitúese o transformador actual de 50 kVA por un de 100 kVA, e unha relación de transformación 20.000/400-230 V. Instálase un seccionador XS no apoio D76-97-11, anterior ao CTI.
Finalidade da instalación: aumento de potencia.
Orzamento: 17.712,26 €.
Documentación que se xunta:
• Copia do proxecto.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e logo de ter en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder as autorizacións administrativa previa e de construción ás devanditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberaa realizar un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias; o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, logo de achegar no seu momento, a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para á súa revisión por parte desta administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Lugo, 8 de novembro de 2022
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo