Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 62910

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 246, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 256, do 22 de decembro), convocouse concurso oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica.

A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro desta resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar finalizado o concurso oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro).

Segundo. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.

Terceiro. Adxudicarlles aos/ás aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Quinto. O punto quinto da Resolución do 11 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos (Diario Oficial de Galicia núm. 221, do 21 de novembro), diferiu a toma de posesión en determinadas categorías/especialidades ata o día en que se inicien os prazos posesorios dos/das aspirantes seleccionados/as no concurso oposición para o ingreso nestas categorías/especialidades, convocados mediante as resolucións do 13 de decembro de 2019.

Como consecuencia e de conformidade co previsto na base novena da Resolución do 20 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente (Diario Oficial de Galicia núm. 227, do 29 de novembro), os/as concursantes que obtiveron praza no concurso de traslados nas categorías/especialidades con toma de posesión diferida deberán cesar na que, de ser o caso, desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución.

Por necesidades organizativas e co obxecto de preservar o normal funcionamento das institucións sanitarias no proceso de incorporación dos/das profesionais como consecuencia da resolución deste proceso, os/as profesionais que estean a prestar os seus servizos no Sistema público de saúde de Galicia cesarán o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e aplicaranse os prazos posesorios previstos na Resolución do 11 de novembro de 2022.

Sexto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar con carácter obrigatorio, nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, que conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

Médico/a de admisión e documentación clínica:

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

***3533**

Díaz López, Enrique

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Ferrol

***8714**

Herranz Urbasos, María

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

***0475**

Pérez Cachafeiro, Santiago

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

O Barco de Valdeorras

***8401**

Pérez García, Margarita

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

***8286**

Sanz Falque, Iván

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público de Monforte

Monforte de Lemos

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.