En relación co proxecto de decreto polo que se aproba a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, ao abeiro da Resolución do 29 de novembro de 2022, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, sométese o dito proxecto de decreto a un trámite de información pública, que se levará a cabo durante un prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os documentos que se someten a información pública son o proxecto de decreto polo que se aproba a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, os planos que definen as modificacións propostas e a devandita Resolución do 29 de novembro de 2022, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas.
A documentación que forma o expediente estará á disposición da cidadanía, en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n), así como na páxina web oficial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través do seguinte enderezo:
https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/outros-expedientes
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas