Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63503

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra (referencia CE2022CO-D)

No Boletín Oficial da provincia núm. 231, do 2 de decembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021:

1. Dúas prazas de enxeñeira/o de camiños, do grupo A1, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o superior, por concurso-oposición libre.

2. Unha praza de técnica/o de xestión documental, do grupo A2, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, por concurso-oposición libre.

3. Dúas prazas de técnica/o media/o de promoción económica e formación, do grupo A2, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, por concurso-oposición libre.

4. Unha praza de técnica/o media/o de Administración xeral, do grupo A2, encadrada na escala de Administración xeral, subescala de xestión, por concurso-oposición libre.

5. Dúas prazas de enxeñeira/o técnica/o industrial, do grupo A2, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, por concurso-oposición libre.

6. Unha praza de técnica/o media/o biotecnóloga/o, do grupo A2, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, por concurso-oposición libre.

7. Unha praza de técnica/o de xestión tributaria, do grupo A2, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, por concurso-oposición libre.

8. Unha praza de técnica/o media/o de arquivos, do grupo A2, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, por concurso-oposición libre.

9. Un posto laboral fixo de técnica/o de turismo, equivalente ao grupo A2, por concurso-oposición libre.

10. Un posto laboral fixo de técnico/a medio/a conservador/a, equivalente ao grupo A2, por concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 3 de decembro de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL