Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2022 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, do contrato da obra de implantación do hospital de día onco-hematolóxico polivalente e ampliación de farmacia no hospital comarcal de Monforte (Lugo) (expediente AB-SER3-20-003) e os servizos complementarios á obra.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Expedientes de contratación:

A) Contratación da obra de implantación do hospital de día onco-hematolóxico polivalente e ampliación de farmacia no hospital comarcal de Monforte (Lugo) (expediente AB-SER3-20-003).

1. Poder adxudicador: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos, por delegación polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 208, do 31 de outubro), e a Orde do 22.4.2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 82, de 29 de abril).

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

ii) Dirección: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela

iv) Teléfonos: 881 54 74 38 (cuestións administrativas) e 881 54 00 73 (cuestións técnicas).

v) Telefax: 881 54 27 62.

vi) Código NUTS: ES11.

vii) Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

viii) Enderezo de internet do perfil de contratante:

https://www.sergas.gal e https://www.contratosdegalicia.gal

2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. A súa principal actividade: saúde.

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: obra de implantación do hospital de día onco-hematolóxico polivalente e ampliación de farmacia no hospital comarcal de Monforte (Lugo).

c) División por lotes e número: non procede.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV: 45262700-8.

f) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: perfil de contratante o día 12.3.2020.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non. Licitación electrónica: si.

d) Criterios de adxudicación: criterios avaliables mediante aplicación de xuízo de valor (sobre B) ata 50 puntos. Criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas (sobre C) ata 50 puntos, de acordo co establecido no punto 12.1 do PCAP.

5. Orzamento base de licitación: Importe estimado sen IVE: 1.178.100,76 € € IVE (%): 21 %. Importe total con IVE: 1.425.501,92 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de febreiro de 2021.

b) Número de ofertas recibidas: 4.

c) Data de formalización do contrato: 25 de febreiro de 2021.

d) Adxudicatario:

i) Nome: Construcciones Ramírez, S.L.

ii) NIF: B360*****5.

iii) Enderezo: avenida de Vigo.

iv) Localidade e código postal: Pontevedra.

v) Teléfono: 986 8****0.

vi) Enderezo electrónico: ramirez@construccionesramirez.com

vii) É peme (segundo a normativa europea): si.

viii) Pertence a un grupo de empresas: non.

e) Importe de adxudicación. Importe neto 1.146.881,09 €. IVE (%) 21 % Importe total 1.387.726,12 €.

f) Posibilidade de subcontratar terceiros: si.

g) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación atópase publicada no perfil de contratante.

7. Outra información:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 12 de marzo de 2020.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 19 de maio de 2021.

B) Contratación do servizo de dirección de execución material da obra de implantación do hospital de día onco-hematolóxico polivalente e ampliación de farmacia no Hospital Comarcal de Monforte (Lugo) (expediente CM-SER3-20-060).

1. Obxecto do contrato: servizo de dirección de execución material da obra de implantación do hospital de día onco-hematolóxico polivalente e ampliación de farmacia no Hospital Comarcal de Monforte (Lugo).

2. Importe de adxudicación con IVE: 15.276,25 €.

3. Duración: igual ao contrato de obras.

4. Adxudicatario: José María Palomero Gómez, con DNI 766****9D.

C) Contratación do servizo de coordinación de seguridade e saúde (CSS) da obra de implantación do hospital de día onco-hematolóxico polivalente e ampliación de farmacia no Hospital Comarcal de Monforte (Lugo) (expediente CM-SER3-20-061).

1. Obxecto do contrato: servizo de coordinación de seguridade e saúde (CSS) da obra de implantación do hospital de día onco-hematolóxico polivalente e ampliación de farmacia no Hospital Comarcal de Monforte (Lugo).

2. Importe de adxudicación con IVE: 7.078,50 €.

3. Duración: igual ao contrato de obras.

4. Adxudicatario: Antonio Ángel Blanco Alzueta, con DNI 348****0G.

2. Financiamento.

Todas estas actuacións financiaranse ao 100 % do gasto elixible no marco do instrumento de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de España (REACT-EU), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20: favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i: favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.5 REACT-UE 5: apoiar investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos aos cidadáns.

A axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise proposta na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+).

O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán á disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do Fondo de recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.

Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

3. Información.

3.1. Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión. Dirección electrónica: servizo.xestion@sergas.es

3.2. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2022

O presidente do Servizo Galego de Saúde
P.D. (Decreto 137/2019 e Orde 22.4.2020)
María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos