Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 29 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 268).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderán interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de novembro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

35580566A

35580566A/29-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Porriño, O

36086568M

36086568M/27-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

36112022K

36112022K/11-07-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

36155559L

36155559L/08-07-2022/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

44829257A

44829257A/01-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

77010699Y

77010699Y/25-10-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

77012345L

77012345L/18-10-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Moaña

X9042412P

X9042412P/19-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Salceda de Caselas

35481573W

35481573W/25-08-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Illa de Arousa, A

36041690T

36041690T/24-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

73240470Y

73240470Y/27-09-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Moaña

Y3027006J

Y3027006J/18-08-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

Y6339568T

Y6339568T/27-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

Y7724513T

Y7724513T/06-06-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo