Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63651

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muíños

ANUNCIO da convocatoria para a provisión das prazas de estabilizacion de emprego temporal.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 7 de decembro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal do Concello de Muíños, de conformidade coa Lei 20/2021: de 9 prazas de traballador/a para o posto de auxiliar do servizo de axuda a domicilio, 2 prazas de limpador/a, 2 prazas de cociñeiro/a do servizo de comedor en rodas, 1 praza de arquitecto/a municipal, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, e 1 praza de oficial de 1ª de servizos varios, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, acollido ao proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Muíños. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello: http://concellomuinos.sedelectronica.gal aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello: http://concellomuinos.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Muíños, 9 de decembro de 2022

Plácido Álvarez Dobaño
Alcalde