Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63655

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Triacastela

ANUNCIO de extracto da convocatoria e bases para o ingreso en prazas de persoal laboral fixo incluídas na OEP do ano 2022 (artigo 2 e disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro), cota xeral, acceso libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 281, do 10 de decembro de 2022, publicáronse integramente a convocatoria e as bases para o ingreso en prazas de persoal laboral fixo (artigo 2 e disposición adicional sexta da Lei 20/2021), que a seguir se relacionan:

– Unha (1) praza de limpador/a, grupo V. Concurso-oposición. Cota xeral.

– Cinco (5) prazas de auxiliar de axuda no fogar, grupo V. Concurso-oposición. Cota xeral.

– Unha (1) praza de axente de emprego e desenvolvemento local, grupo A2. Concurso. Cota xeral.

– Unha (1) praza de traballador/a social, grupo A2. Concurso. Cota xeral.

– Unha (1) praza de arquitecto/a, grupo A1, xornada parcial. Concurso. Cota xeral.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20 días) naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade as bases, faranse públicos no BOP de Lugo.

Triacastela, 12 de decembro de 2022

M. Olga Iglesias Fontal
Alcaldesa