Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Monte Chan nos concellos de Laxe, Vimianzo e Camariñas (expediente IN408A 2020/062).

Sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación, en cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación.

Solicitante/promotor: EDP Renovables España, S.L.U.; (CIF B91115196).

Enderezo para efectos de notificacións: rúa Amio, nº 114, parque empresarial Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Monte Chan (expediente IN408A 2020/062).

Concellos afectados: Laxe, Vimianzo e Camariñas (A Coruña).

Potencia máxima do parque: 50 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 10 ud. × 5 MW.

Produción neta estimada: 175,39 GWh/ano.

Orzamento total (execución material): 49.868.860,78 €.

Prazo de execución: vinte e dous (22) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Monte Chan

A.D.E.

Pena Forcada

Vértice poligonal

Parque eólico Monte Chan

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

A01

487.131,72

4.779.548,26

A02

487.304,76

4.779.498,51

A03

487.408,48

4.779.398,25

A04

487.718,47

4.779.298,26

A05

489.009,08

4.778.262,42

A06

491.763,00

4.780.776,32

A07

497.586,69

4.779.499,96

A08

499.104,90

4.781.464,91

A09

499.873,05

4.780.568.75

A10

500.354,49

4.777.553,37

A11

495.739,80

4.776.305,60

A12

488.330,01

4.776.703,75

A13

486.572,57

4.779.061,06

Aeroxerador

Parque eólico Monte Chan

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

CHN-01

499.195,04

4.780.886,16

CHN-02

499.217,00

4.780.317,26

CHN-03

498.812,91

4.778.651,54

CHN-04

498.455,15

4.778.995,14

CHN-05

498.182,02

4.779.388,97

CHN-06

497.308,29

4.777.538,01

CHN-07

487.198,91

4.779.317,75

CHN-08

487.322,03

4.778.632,34

CHN-09

488.748,34

4.777.336,94

CHN-10

489.035,63

4.776.937,24

Torre meteorolóxica

Parque eólico Monte Chan

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

TM

498.833

4.778.347

Subestación

Parque eólico Monte Chan

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

1

498.236

4.779.135

2

498.302

4.779.180

3

498.339

4.779.127

4

498.273

4.779.082

Torre de comunicación

Parque eólico Monte Chan

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

1

498.340

4.779.119

Características técnicas das instalacións:

• Dez (10) aeroxeradores modelo SG 5.0-145 de 5.000 kW de potencia unitaria, ou similares, polo que a potencia total da instalación é de 50 MW. Os aeroxeradores que se van instalar teñen un rotor de 145 m de diámetro e van montados sobre torres tubulares cónicas de 127,5m de altura.

• Dez (10) centros de transformación tipo seco e illados mediante resina epoxi, en góndola de potencia unitaria 5.000 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV. Serán trifásicos de servizo continuo, e totalmente homologados pola compañía subministradora eléctrica. Distínguense dous tipos de agrupacións de celas de media tensión, segundo a posición que ocupe o aeroxerador dentro do circuíto de interconexión entre aeroxeradores:

– Configuración 0L1P: para aeroxeradores localizados no extremo de liña (CHN-02, CHN-06, CHN-07, CHN-08, CHN-09, CHN-10).

– Configuración 0L1L1P: para aeroxeradores con posición intermedia (CHN-01, CHN-03, CHN-04, CHN-05).

Todas as celas que se instalen serán de corte e illamento en hexafluoruro de xofre.

• Rede eléctrica soterrada de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora do parque de 30/220 kV composta por 6 circuítos con condutores tipo RHZ1-OL- 18/30 kV Al, con seccións de 150, 240, 300, 400, 500 e 630 mm².

• Rede de terras xeral de maneira que as instalacións electromecánicas e subestación do parque eólico formen un conxunto equipotencial. A rede de terras estará formada por condutor de cobre espido de 50 mm² de sección que se instalará en canalización conxunta cos cables de potencia e comunicacións, interconectando todos os aeroxeradores entre si, e que estará unido, así mesmo, á rede de terras da subestación formada por unha malla de electrodos de cobre espido de 120 mm² formando retículas en contacto co terreo natural colocadas a 80 cm por debaixo do terreo.

• Rede de comunicacións constituída por condutor de fibra óptica.

• Unha torre meteorolóxica de 127,5 m.

• A subestación de 30/220 kV, coa seguinte configuración:

– Sistema de 220 kV.

Unha (1) posición transformador-liña 220 kV.

Un (1) transformador de potencia trifásico 220/30 kV 100/125 MVA.

– Sistema de 30 kV (intemperie).

Un (1) transformador de servizos auxiliares de illamento en aceite, de potencia nominal 100 kVA, relación de transformación 30/0,42 kV.

Unha (1) reactancia trifásica de posta a terra na saída de 30 kV do transformador de potencia.

Tres (3) baterías de condensadores en intemperie baixo envolvente de aluminio con interruptor automático tripolar con polos decalados e transformador de intensidade (dúas delas instalaranse no futuro).

– Sistema de 30 kV (interior).

9 celas de protección entrada/saída de liña (cinco delas instalaranse no futuro).

Unha (1) cela de protección de secundario de transformador de potencia.

Unha (1) cela de protección de secundario de transformador de potencia (cela de reserva).

Unha (1) cela de protección de transformador de servizos auxiliares.

Unha (1) cela de medida de tensión de barras.

Tres (3) celas de baterías de condensadores (dúas delas instalaranse no futuro).

Construirase un edificio para realizar o control e a evacuación dos parques eólicos. Este disporá dunha sala independente para a cela de MT con illamento sólido ou en SF6, sala para control de subestación, sala para os equipos de control eólico do parque, despacho, dous almacéns independentes, un para EDPR e outro para SGRE, sala para grupo electróxeno, cociña e aseos con vestiario.

Á subestación chegarán:

– PE Monte Chan (50 MW).

– PE Soesto (12 MW, en tramitación).

– PE Pena dos Mouros (45 MW, en tramitación).

• A evacuación da enerxía xerada no parque eólico Monte Chan realizarase de maneira conxunta co parque eólico Soesto e o parque eólico Pena dos Mouros, ambos os dous obxecto de proxectos independentes. A subestación Monte Chan permite a transformación da enerxía, desde a cal se evacúa mediante unha liña de alta tensión (LAT) 220 kV SET Monte Chan-SET Meirama 220 kV de REE (en tramitación, non obxecto deste proxecto).

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución do PE Monte Chan (modif. substancial) (outubro 2022, vsdo. 3.11.2022).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) do PE Monte Chan (modif. substancial) (marzo 2022, asdo. 17.3.2022).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) PE Monte Chan (modif. substancial) (marzo 2022, asdo. 17.3.2022).

Polo exposto, o proxecto faise público para o coñecemento xeral, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 23), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas dos concellos de Laxe, Vimianzo e Camariñas (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 2 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña