Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/425-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS SDM711 e substitución CTI Santa Mariña das Rans 36AGR1 por CT.

Situación: Vigo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 64 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HVH-1600-13 da LMTA SDM711, mediante un paso aéreo subterráneo e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 160 kVA con RT 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54057A047000070000AD. A instalación está situada nas Rans, Cabral, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 18 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/425-4.

Denominación: LMTS SDM711 e substitución CTI Santa María das Rans 36AGR1 por CT.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Afeccións

Lonx.

m² sub.

1

Rans

Rústico

54057A047000080000AX

Carmen Rodríguez Fernández

8,66

2

Rans

Rústico

54057A047000070000AD

Carmen Viéitez Rodríguez

CT

4,67

18,35

3

Rans

Rústico

25057A047000060000AR

Ramón Simón Vieitiz

CT

10,33

14,38