Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación no concello de Nogueira de Ramuín IN407A 2021/149-3.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA PRS806 entre os apoios 55-48-4 e 55-48-9 (expediente IN407A 2021/149-3), no concello de Nogueira de Ramuín, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 14 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2021/149-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA PRS806 entre os apoios 55-48-4 e 55-48-9.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titulares

Incidencia

Data de ocupación

1

A Rasa

32053A080000690000IA

Antonio Quevedo González

Dolores Quevedo González

Enderezo descoñecido

22.11.2022