Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63813

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal.

Exposición de motivos

A Lei 20/2021, do 28 de decembro, introduciu unha serie de medidas urxentes coa finalidade de reducir a temporalidade no emprego público, co obxectivo de reforzar o carácter temporal da figura do persoal interino, aclarar os procedementos de acceso á condición de persoal interino, obxectivar as causas de cesamento deste persoal e implementar un réxime de responsabilidades disuasorio de futuros incumprimentos.

Precisamente, no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, inclúe, entre outras actuacións relativas á modernización das administracións públicas, a reforma referida á redución da temporalidade no emprego público, dando así cumprimento ao compromiso subscrito coa Comisión Europea de aprobar, no ámbito do emprego público, as reformas estruturais necesarias na planificación da xestión dos recursos humanos que permitan garantir a prestación duns servizos públicos de calidade.

Para tal fin foi aprobada a Lei 20/2021, do 28 de decembro, e a conseguinte resolución da Secretaría de Estado de Función Pública coas orientacións básicas para levar a cabo a definición e aprobación das ofertas de emprego público destinadas á estabilización do emprego temporal de cada Administración pública.

Coa finalidade de facilitar o desenvolvemento homoxéneo das futuras convocatorias de estabilización para o acceso aos diferentes corpos e escalas de persoal funcionario de carreira e á condición de persoal laboral fixo, en aplicación das previsións contidas no artigo 2, a Secretaría de Estado de Función Pública emitiu a Resolución do 14 de novembro de 2022, coas orientacións referidas á execución dos procesos de estabilización de emprego temporal derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro. Nelas establece que a valoración dos servizos prestados se desagregará en función do tempo de servicios efectivos prestados na mesma clasificación profesional a que se pretende acceder, no caso do persoal laboral.

En canto ao dereito de acceso en condicións de igualdade aos cargos públicos do artigo 23.2 CE, trátase, tal e como se recolle na sentenza do Tribunal Constitucional do 1 de marzo de 2012 (STC 27/2012, do 1 de marzo) dun dereito de configuración legal «que supón que as normas reguladoras do proceso selectivo deben asegurar aos cidadáns unha situación xurídica de igualdade no acceso ás funcións públicas, coa inmediata interdición de requisitos de acceso que teña carácter discriminatorio (SSTC 193/1987, do 9 de decembro; 47/1990, do 20 de marzo, o 353/1993, do 29 de novembro), ou de referencias individualizadas (STC 67/1989, do 18 de abril)».

Non obstante, en determinados supostos extraordinarios tense considerado acorde coa Constitución que, en procesos selectivos de acceso a función pública, se estableza un trato de favor en relación a uns participantes respecto doutros. Esta excepción á regra xeral considerouse lexítima en supostos verdadeiramente singulares, en que as especiais circunstancias dunha Administración e o momento concreto en que realizaban estas probas, xustificaban a desigualdade de trato entre os participantes, beneficiando aqueles que xa prestasen no pasado servizos profesionais en situación de interinidade na Administración convocante. Estes supostos varían desde a realización de probas restrinxidas (STC 27/1991, do 14 de febreiro) a probas en que se primaban de maneira moi notable os servizos prestados na Administración, pero nun e noutro caso, existe sempre xustificación das singulares e excepcionais circunstancias que, de maneira expresa, se explicaban en cada unha das convocatorias (SSTC 67/1989, do 18 de abril; 185/1994, do 20 de xuño; 12/1999, do 11 de febreiro; 83/2000, do 27 de marzo, ou 107/2003, do 2 de xuño).

En definitiva, para que sexa constitucionalmente lexítimo establecer un proceso selectivo en que se prime notablemente un determinado mérito con relación a outros, debe existir unha xustificación amparada nunha situación excepcional, xa que, noutro caso, a desigualdade de trato lesionaría o artigo 23.2 CE (STC 27/2012, FX 5).

Para tal efecto, hai que destacar que a Universidade de Santiago de Compostela ten unha estrutura complexa e unha singularidade que pouco ou nada ten que ver con outras entidades públicas, como consecuencia do previsto no artigo 7 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

O referido texto lexislativo indica que as universidades públicas están integradas por escolas, facultades, departamentos, institutos universitarios de investigación, escolas de doutoramento e por aqueles outros centros ou estruturas necesarios para o desempeño das súas funcións.

Así mesmo, hai que ter en conta a heteroxeneidade das actividades de investigación da universidade, nas diferentes áreas de coñecemento, que se desenvolven non soamente en facultades, departamentos e institutos, senón tamén en centros singulares de moi diversa índole e de ámbitos moi específicos. Froito desta actividade investigadora, a Universidade de Santiago de Compostela dispón de persoal que, pertencendo á mesma categoría profesional, ten funcións específicas e diferentes derivadas non só do destino do posto senón tamén do órgano ou estrutura en que se encadre.

Isto leva a que na USC se publiquen periodicamente diferentes procesos selectivos da mesma categoría pero sectorizados, por exemplo, os referidos á categoría de técnico de investigación. Como consecuencia disto, procedeuse á convocatoria de oposición para esta mesma categoría coa especialidade bioloxía-saúde do Cebega, outra xeral e outra diferente para o Departamento de Ciencias Morfolóxicas, por teren funcións e perfís diversos.

Para maior abastanza, a USC non dispón de escalas específicas no corpo de funcionarios, polo que hai que ter en conta que existen servizos en áreas diferentes como a académica, a económica, a persoal ou a xurídica onde as funcións desenvolvidas son completamente diferentes precisamente polo ámbito en que se encadran.

Por todo o anterior, a singularidade das funcións dos postos non ven determinada pola escala ou categoría do posto senón singularmente polo órgano en que se encadra e pola actividade singular deste; no anexo recóllese a información de cada un deles.

O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, e en execución do previsto no anexo V: oferta de estabilización extraordinaria de prazas de persoal de administración e servizos da Resolución do 25 de maio de 2022 (DOG do 31 de maio), pola que se publica a oferta de emprego público desta universidade e os seus entes adscritos para o ano 2022, resolve convocar probas selectivas para cubrir as prazas que se relacionan no anexo II, vacantes no seu cadro de persoal de administración e servizos, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria:

Todos os actos de relación entre as/os aspirantes e a USC derivados desta convocatoria se realizarán exclusivamente por medios electrónicos, ao abeiro do artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal fixo as prazas vacantes que figuran no anexo V: oferta de estabilización extraordinaria de prazas de persoal de administración e servizos da Resolución do 25 de maio de 2022 (DOG do 31 de maio) pola que se publica a oferta de emprego público desta universidade e os seus entes adscritos para o ano 2022 e que se relacionan no anexo II da presente convocatoria.

1.2. O sistema de selección será o de concurso.

1.3. A adxudicación da/s praza/s á/ás persoa/s aspirante/s que supere/n o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I.

1.4. Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades; Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social; Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, os estatutos da USC, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, da Xunta de Galicia; o Convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), o Regulamento de selección de persoal funcionario de administración e servizos, aprobado no Consello de Goberno da USC do 30 de outubro de 2020, e as bases desta convocatoria.

2. requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para ser admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán cumprir no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato, os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún Estado membro da Unión Europea ou país estranxeiro, nos termos previstos no artigo 52.1 da Lei de emprego público de Galicia.

Quen, non sendo español nin nacional dun Estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade, sendo titular dun documento que o/a habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral, poderá participar para o acceso unicamente ás prazas que se convoquen de persoal laboral.

b) Ter feitos os 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión da titulación que se recolle no anexo II para cada unha das prazas convocadas. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título.

d) Estar en posesión dos requisitos específicos que, de ser o caso, se indican no anexo II de prazas convocadas.

e) Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por tráfico de seres humanos.

f) Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditado a aptitude médica para o desempeño. Para estes efectos, a persoa aspirante declara, ao facer a solicitude de participación no proceso selectivo, que nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que se pretende incorporar.

g) Non estar separado/a do servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio da función pública ou, de ser o caso, non estar sancionado/a, de acordo coa normativa correspondente, coa suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas

h) Aboar as taxas, agás o previsto no punto 3.8.1 desta convocatoria para as persoas con discapacidade, para os membros de familias numerosas e para demandantes de emprego.

3. Solicitudes.

3.1. O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

3.2. As persoas que desexen participar nesta probas selectivas deberán formalizar a súa solicitude, así como aboar a taxa correspondente, unicamente por medios electrónicos. Para iso empregarase exclusivamente o formulario electrónico habilitado ao respecto que figura no catálogo de procedementos da sede electrónica da USC, segundo as prazas a que se desexe concorrer:

Prazas de persoal funcionario:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/seleccionPersoalFuncionario.htm

Prazas de persoal laboral:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/seleccionPersoalLaboral.htm

No momento de formalizar a súa solicitude as persoas aspirantes deberán achegar a documentación que proceda segundo as bases da convocatoria.

3.3. Para a presentación de solicitudes, as/os aspirantes deben posuír un destes medios de identificación electrónica válidos:

– No caso de persoal da USC: credenciais corporativas.

– No caso de persoal alleo á USC: certificados persoais clase 2CA, certificados incluídos no DNI electrónico ou claves concertadas do sistema Cl@ve.

3.4. A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación:

– Certificado de coñecemento de lingua galega que corresponda segundo o recollido no anexo II da presente convocatoria. As persoas aspirantes que non o acheguen xunto coa súa solicitude e que sexan propostas para a súa contratación ou nomeamento, disporán dun prazo de dous anos desde a contratación para acreditalo. Transcorrido o dito prazo, a Universidade convocará aquelas persoas que non achegasen dita acreditación a unha proba específica de coñecemento da lingua galega.

As/os aspirantes que teñan ou tivesen expediente administrativo como PAS na USC estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa probados para obter a súa anterior contratación ou nomeamento; deberán presentar unicamente a documentación requirida para este procedemento que non se atope debidamente acreditada no seu expediente persoal.

As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

– Documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo.

– Declaración ou promesa da persoa aspirante de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

– As persoas aspirantes que estean exentas de realizar a proba previa de acreditación do coñecemento do castelán xuntarán, para tal efecto, os diplomas de español como lingua estranxeira de nivel B2, C1 ou C2 ou equivalente. De non achegar esta certificación, non poderán ser declaradas exentas e deberán realizar a proba a que se refire a base 6.2.

3.5. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran será achegada coa solicitude, e non serán valorados méritos que non se atopen suficientemente acreditados documentalmente nin os presentados fóra do prazo establecido para presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira:

a) Certificado acreditativo dos servizos prestados, en que conste a categoría e os períodos en que se prestaron, expedido pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da solicitude se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

b) Diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

O certificado acreditativo dos aspectos indicados nas alíneas a) e b) anteriores (certificaranse os cursos que constan no expediente persoal), expedirase e engadirase de oficio á solicitude das persoas aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC.

3.6. Os méritos valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes.

3.7. En calquera momento, a Universidade poderá requirir das persoas aspirantes os orixinais ou copias auténticas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.8. As taxas recóllense no anexo II, prazas ofertadas, da presente convocatoria. Para realizar o seu ingreso, empregarase un dos seguintes medios accesibles desde o formulario de inscrición.

• Aboamento con tarxeta bancaria a través da pasarela de pagamento do formulario.

• Aboamento presencial nunha oficina de Abanca presentando a folla de liquidación que se deberá imprimir, unha vez realizada a inscrición no proceso selectivo, non sendo preciso comunicación posterior do pagamento por parte da persoa interesada.

3.8.1. De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

• As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

• As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe da taxa:

• As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

• As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses inmediatamente anteriores á data de publicación da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

3.8.2. As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso selectivo, a seguinte documentación:

• Persoas con discapacidade: certificado do grao de discapacidade.

• Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

• Demandantes de emprego:

1º. Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante, na data de presentación de solicitudes, figura como demandante de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria.

2º. Certificación expedida polo Servizo Público de Emprego en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

3.8.3. Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen as taxas dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes e non se concederá ningún prazo adicional para o seu aboamento.

3.8.4. Unicamente procederá a devolución das taxas ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o seu número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución das taxas.

3.9. No formulario de solicitude as/os aspirantes deberán asinar a declaración responsable que figura no documento, pola cal manifestan estar en posesión dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e comprométense a achegar a documentación que nela se indica.

3.10. Este procedemento desenvolverase de forma electrónica polo que, se a persoa aspirante desexa recibir avisos das notificacións que a USC poña á súa disposición, é imprescindible que indique na epígrafe de «Medios de aviso de notificación» do formulario, o teléfono e enderezo electrónico válidos. As notificacións electrónicas realizaranse por comparecencia en sede electrónica, e para acceder a ela empregaranse os medios de identificación que se indican na base 3.3.

4. Admisión de persoas aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor ditará resolución en que declare aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nesta resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o lugar no cal se atopa exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as causas que motivaron a exclusión e o prazo para reparalas.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

Persoal funcionario:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/seleccionPersoalFuncionario.htm

Persoal laboral:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Para o que o/a aspirante deberá empregar os medios de identificación e sinatura que se indican no punto 3.3 desta convocatoria.

4.3. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Esta resolución esgotará a vía administrativa, e poderase interpor contra ela recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do reitor no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4.4. O feito de figurar na listaxe de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión de todos os requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas terá a categoría primeira de conformidade cos grupos de clasificación para asistencias establecidos no Regulamento de indemnizacións por razón de servizo aprobado no Consello de Goberno do 29 de decembro de 2020.

5.2. O procedemento de actuación axustarase en todo momento ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

5.3. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da USC.

5.4. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ao reitor da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou se realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/A presidente/a solicitará dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estaren incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.5. Antes do inicio das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.4.

5.6. Logo da convocatoria do/a presidente/a, constituirase o tribunal de acordo co previsto no artigo 17.1 da Lei 40/2015, coa asistencia tanto presencial como a distancia, da maioría absoluta dos seus membros titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.7. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a asistencia presencial ou a distancia do/da presidente/a e secretario/a, e da metade polo menos dos seus membros.

5.8. O órgano convocante, por proposta do tribunal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas naqueles casos en que se deban valorar coñecementos ou méritos que, pola súa singularidade, requiran dunha valoración específica. Estes asesores emitirán un informe sobre a adecuación dos méritos das persoas aspirantes ás prazas obxecto de convocatoria. Os ditos asesores deberán posuír titulación de igual ou superior nivel á exixida nesta convocatoria. O seu nomeamento farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, ao igual que aos restantes membros do tribunal.

Así mesmo, o tribunal poderá dispor a incorporación con carácter temporal doutros/as funcionarios/as para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

5.9. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron o proceso selectivo un número de persoas aspirantes superior ao de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

Malia o anterior, e co fin de asegurar a cobertura da/s praza/s convocada/s, de se producir a renuncia dunha persoa seleccionada antes da toma de posesión, ou cando non acredite os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano convocante poderá requirir do tribunal de selección unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan por puntuación a persoa proposta, para o seu posible nomeamento como funcionario/a de carreira ou contratación como persoal laboral fixo.

6. Desenvolvemento do proceso selectivo.

6.1. Para os efectos de cómputo de prazos desta convocatoria, o mes de agosto declárase inhábil.

6.2. Persoas aspirantes con nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á fase de concurso, as persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, en que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

A orde de actuación das ditas persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra «T», de conformidade co establecido na Resolución do 28 de xaneiro de 2022, da Consellería de Facenda e Administración Pública.

O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE), para acreditar o nivel de competencia lingüística do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto ou non apto e será necesario obter a valoración de apto para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición.

Quedan exentas de realizar esta proba as persoas aspirantes que acrediten, conforme se indica na base 3, que están en posesión do diploma de español como lingua estranxeira nalgún dos niveis seguintes: nivel B2, C1 ou C2, ou equivalente e as/os nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español.

6.3. As persoas aspirantes serán convocadas para esta proba nun único chamamento e serán excluídas do proceso selectivo as que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e considerados polo tribunal.

As mulleres embarazadas que teñan unha previsión de parto coincidente coas datas de realización de calquera dos exercicios derivada do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal achegando á comunicación o correspondente informe médico oficial.

A comunicación suporá o consentimento da interesada para permitir o acceso aos datos médicos necesarios relacionados coa situación. O tribunal, baseándose na información recibida, acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra este acordo non cabe recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan noutro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.4. O tribunal poderá requirir, en calquera momento do proceso selectivo, a acreditación da identidade das persoas admitidas. Así mesmo, se ten coñecemento de que algunha das persoas aspirantes non cumpre algún dos requisitos exixidos por esta convocatoria, deberá propoñer a súa exclusión ao reitor da USC, logo de audiencia da persoa interesada.

Contra esta exclusión poderase interpor recurso perante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da exclusión.

7. Listaxe de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

7.1. Finalizada a valoración dos méritos, o tribunal cualificador fará pública, no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm, e na páxina web:https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado, e naqueloutros que coide oportunos, a relación de persoas aspirantes coa indicación da puntuación obtida desagregada segundo as epígrafes establecidas no anexo I.

7.2. A publicación anterior irá acompañada da relación de persoas aspirantes que, segundo a orde de puntuación acadada por cada unha delas, fosen seleccionadas e da proposta provisional de persoas seleccionadas, segundo o previsto no anexo I.

Os empates nas puntuacións resolveranse a favor da persoa aspirante que obtivese a maior antigüidade de servizos prestados na escala ou categoría profesional obxecto da convocatoria e, de persistir este, pola maior idade da persoa aspirante.

7.3. Contra esta publicación, as/os aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico, a través do rexistro de entrada electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm, para o que o/a aspirante debe empregar os medios de identificación e sinatura que se indicaron no punto 3.3.

7.4. Rematado o prazo de reclamacións, o tribunal publicará a proposta de contratación ou nomeamento a favor da/s persoa/s aspirante/s seleccionada/s, tendo en conta o previsto no punto 5.9 desta convocatoria. Esta proposta será elevada ao reitor e publicarase no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

8. Presentación de documentación.

8.1. No prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se faga pública a proposta definitiva, a/s persoa/s aspirante/s que figure/n nela deberá/n presentar, na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros da USC, orixinais da seguinte documentación para proceder á contratación como persoal laboral fixo:

a) DNI ou do documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Documento que acredite, de ser o caso, a residencia legal en España.

c) Titulación exixida na base 2.1.c).

d) Acreditación, de ser o caso, dos requisitos específicos exixidos.

e) Certificado acreditativo de lingua galega, de ser o caso, indicado na base 3.4

f) Diploma de español como lingua estranxeira, de ser o caso, indicado na base 3.4.

g) Certificado negativo de delitos sexuais para aquelas categorías nas que se exixa.

h) A acreditación do requisito exixido na base 2.1.f) farase mediante a presentación de certificado médico oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen, dentro do prazo fixado e salvo caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser contratado/a como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Adxudicación do posto de traballo.

9.1. As persoas seleccionadas deberán solicitar, de ser o caso, por orde de preferencia as prazas vacantes que previamente se lles oferten.

9.2. A adxudicación de destinos efectuarase de acordo coas peticións das persoas interesadas, seguindo a orde de puntuación final obtida.

9.3. O persoal con discapacidade igual ou superior ao 33 % poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. Á solicitude deberá xuntarse un informe expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

10. Nomeamento como funcionario/a de carreira e contratación como persoal laboral fixo.

10.1. Concluído o proceso selectivo, procederase, segundo corresponda, ao nomeamento das persoas aspirantes que o superasen como funcionario/a de carreira ou á súa contratación como persoal laboral fixo. A toma de posesión como funcionarios/as ou a formalización da contratación efectuarase no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

10.2. O período de proba para o persoal laboral de novo ingreso será de seis meses cando se acceda ás categorías clasificadas nos grupos I e II e de dous meses para o resto. Durante este período o/a traballador/a terá os dereitos e obrigas correspondentes ao posto de traballo que desempeñe, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable a quen estivese xa con anterioridade desenvolvendo as mesmas funcións na USC.

11. Norma derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

O sistema selectivo será o de concurso e constará das seguintes partes:

A puntuación máxima do proceso selectivo será de 100 puntos coa distribución que se indica a continuación:

Experiencia: ata un máximo de 70 puntos. Valorarase unicamente a experiencia profesional dos 10 anos inmediatamente anteriores á data de fin do prazo de presentación de solicitudes, do seguinte xeito:

• Servizos prestados na propia praza obxecto de convocatoria, ou escala, ou categoría, ou, de ser o caso, especialidade, na Universidade de Santiago de Compostela. A puntuación será de 0,60 puntos por mes traballado con vinculación temporal. No suposto de categorías profesionais ou prazas que fosen obxecto de modificación ou integración noutras novas, por motivos organizacionais ou derivados de sentenza xudicial firme, valorarase o tempo traballado na categoría de orixe.

• Servizos prestados noutras escalas ou categorías, ou, de ser o caso, especialidade, na Universidade de Santiago de Compostela: 0,20 puntos por mes traballado con vinculación temporal.

• Experiencia profesional acreditada en calquera outra Administración pública diferente da Universidade de Santiago de Compostela na propia escala ou categoría profesional ou en escala ou categoría profesional equivalente: 0,20 puntos por mes traballado con vinculación temporal.

Formación: ata un máximo de 30 puntos. Valorarase a formación relacionada coas funcións da praza, ou escala ou categoría e, de ser o caso, especialidade, obxecto de convocatoria, do seguinte xeito:

Cursos de formación:

• Cursos impartidos: 0,18 puntos/hora.

• Cursos de aptitude recibidos: 0,12 puntos/hora.

• Cursos de asistencia recibidos: 0,06 puntos/hora.

Coñecemento de idiomas comunitarios:

O coñecemento de cada lingua oficial na Unión Europea distinta do galego e do castelán valorarase do seguinte xeito:

• C2: 5 puntos.

• C1: 4 puntos.

• B2: 3 puntos.

• B1: 2 puntos.

• A2: 1,5 puntos.

• A1: 0,5 puntos

Cando existan distintos niveis do mesmo curso, só se valorará o de maior nivel.

O Celga valorarase a partir do nivel superior ao exixido nesta convocatoria para o acceso á categoría ou escala correspondente.

Nos cursos en que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

A cualificación final do concurso virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes ás dúas partes, na forma establecida neste anexo.

ANEXO II

Prazas de PAS funcionario:

Subgrupo

Escala

Prazas OEP

Unidade

Titulación requirida

Requisitos específicos

Taxas

Nivel galego

A1

Técnico superior de administración (Área de Orientación Laboral)

PF000902

PF000903

PF000904

PF000905

PF000907

Ud. orientación intermediación emprego.

Ud. orientación intermediación emprego.

Ud. orientación intermediación emprego.

Ud. orientación intermediación emprego.

Ud. orientación intermediación emprego (Lugo).

Grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

43,30

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

C1

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

PF000487

Xerencia.

Bacharel ou técnico.

32,48

Celga 3, certificado de aptitude do curso de iniciación de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

C2

Escala auxiliar

PF000306

PF000318

PF000340

PF000359

PF000361

PF000375

PF000580

PF000615

PF000636

PF000704

PF000705

PF000708

Secretaría de decanato. Facultade Ciencias da Educación.

Secretaría de decanato. Facultade de Química

Responsable administrativo. Facultade de Farmacia (Dpto. Microbioloxía e Parasitoloxía).

Responsable administrativo. Facultade de Física.

Responsable administrativo Facultade de Xeografía e Historia. (Dpto. Historia da Arte)

Responsable administrativo. Facultade Ciencias da Comunicación. (Dpto. Ciencias da Comunicación).

Posto base. Área de promoción e estratexia científica.

Posto base. Facultade de Farmacia.

Posto base. Facultade de. Veterinaria.

Posto base. Servizo de Orzamentación e Planificación.

Posto base Subárea de Contabilidade.

Posto base Subárea de Contabilidade.

Graduado/a en educación secundaria obrigatoria.

26,46

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

Prazas de PAS laboral:

Grupo

Categoría

Prazas OEP

Unidade

Titulación requirida

Requisitos específicos

Taxas

Nivel galego

I

Técnico superior de información

PL000092

Centro Estudos e Documentación Europeos. USC.

Grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

43,30

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

I

Técnico superior de linguas modernas (perfil francés)

PL001144

Centro de Linguas Modernas.

Grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

Certificado negativo delitos sexuais.

43,30

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

I

Técnico superior de investigación

PL001354

PL001355

PL001356

PL001357

Área de infraestruturas de investigación.

Grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

43,30

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

I

Técnico superior de investigación

(Herbario)

PL001423

Área de infraestruturas de investigación.

Grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

43,30

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

I

Técnico superior de investigación

(Estación hidrobiolóxica Encoro do Con)

PL001487

Área de infraestruturas de investigación.

Grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

43,30

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

I

Técnico superior de investigación

(Estación bioloxía mariña da Graña)

PL001488

Área de infraestruturas de investigación.

Grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

43,30

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

I

Técnico superior de investigación

(Aula Produtos Lácteos)

PL001425

PL001426

PL001427

PL001428

PL001429

PL001430

PL001503

Área de infraestruturas de investigación.

Grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

43,30

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

I

Técnico superior de xestión (Aula Produtos Lácteos)

PL001431

Área de infraestruturas de investigación.

Grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

43,30

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

II

Técnico xestor tecnoloxías da información e das comunicacións

PL000195

PL000197

Área de tecnoloxías da información e da comunicación.

Grao, diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalente.

37,27

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

II

Mestre, especialidade educación infantil

PL000211

Escola Infantil Breogán.

Mestre/a, especialidade en educación infantil, ou equivalente.

Certificado negativo delitos sexuais

37,27

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

II

Técnico grao medio investigación

(Estación hidrobiolóxica Encoro do Con)

PL001505

Área de infraestruturas de investigación.

Grao, diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalente.

37,27

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

II

Arquitecto/a técnico/a

PL001299

PL001418

Área de arquitectura e urbanismo.

Arquitectura técnica ou equivalente

37,27

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

II

Técnico/a prevención de riscos laborais

PL001252

Servicio de Prevención de Riscos.

Grao, diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalente.

Tec. Sup. PRL, esp: seguridade traballo ou hixiene industrial ou ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

37,27

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

III

Técnico/a especialista tecnoloxías da información e das comunicacións

PL000279

Área de tecnoloxías da información e da comunicación.

Bacharel ou técnico.

32,48

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

III

Técnico/a especialista escola infantil

PL000336

PL000339

Escola Infantil Breogán.

Técnico superior educación infantil ou equivalente.

Certificado negativo delitos sexuais

32,48

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

III

Técnico/a especialista de investigación, especialidade química (Edafoloxía e Química Agrícola)

PL001434

Área de infraestruturas de investigación.

Bacharel ou técnico.

32,48

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

III

Técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde (Instituto Ciencias Forenses «Luis Concheiro»)

PL001436

Área de infraestruturas de investigación.

Bacharel ou técnico.

32,48

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

III

Técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde (Departamento Xenética -Fac. Veterinaria)

PL001485

Área de infraestruturas de investigación.

Bacharel ou técnico.

32,48

Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega.

IV.1

Auxiliar técnico de servizos

PL000745

PL000784

PL000833

PL000896

PL000901

PL000913

PL000914

PL000936

PL000982

PL000960

PL000975

Servizos edificios históricos.

Facultade de Química.

Servizo de correos.

Escola Técnica Superior de Enxeñaría.

Facultade de Filoloxía.

CIQUS.

Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Facultade de Psicoloxía.

Unidade de Xestión Académica. Campus Norte.

Área deportiva.

Residencia Univ. Bal e Gay.

Graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou titulacións equivalentes.

26,46

Celga 2 ou certificado de validación das materias de lingua galega.

IV.1

Especialista de oficios (carpinteiro)

PL000481

PL000482

Área de operación de infraestruturas.

Graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou titulacións equivalentes.

26,46

Celga 2 ou certificado de validación das materias de lingua galega.

IV.1

Especialista de oficios imprenta (manipulado)

PL000691

Imprenta universitaria.

Graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou titulacións equivalentes.

26,46

Celga 2 ou certificado de validación das materias de lingua galega.

IV.1

Especialista de oficios (pintor)

PL000702

Área de operación de infraestruturas.

Graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou titulacións equivalentes.

26,46

Celga 2 ou certificado de validación das materias de lingua galega.

IV.2

Vixilante

PL001051

Área de operación de infraestruturas.

Certificado de escolaridade

21,65

Celga 2 ou certificado de validación das materias de lingua galega.