Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63967

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trasmiras

ANUNCIO da convocatoria do proceso de estabilización de emprego temporal para a selección de varias prazas polo procedemento de concurso e concurso-oposición, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para o ano 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de Trasmiras do 2 de decembro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir as seguintes prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 281, do 10 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover mediante concurso-oposición e concurso (proceso de estabilización de emprego temporal):

– Unha praza de auxiliar de axuda no fogar, mediante o sistema de concurso-oposición, xornada completa.

– Tres prazas de auxiliar de axuda no fogar, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Unha praza de auxiliar administrativo/a, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Unha praza de oficial/a de primeira de obras e servizos, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Unha praza de oficial/a encargado/a de servizos e obras, encargado/a do servizo de augas, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Unha praza de traballador/a social, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Unha praza de arquitecto/a municipal, mediante o sistema de concurso, xornada parcial: 10 h/semana.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica municipal (https://trasmiras.sedelectronica.gal).

Trasmiras, 12 de decembro de 2022

Emilio José Pazos Ojea
Alcalde