Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63963

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourol

ANUNCIO de convocatoria e das bases dos procesos selectivos para a estabilización do emprego temporal ao abeiro da Lei 20/2021.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 280, do 9 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais reguladoras dos procesos selectivos da oferta de emprego público de carácter excepcional, prevista tanto nas disposicións adicionais sexta e oitava como no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público do Concello de Ourol.

No mesmo BOP publicáronse, así mesmo, as bases específicas reguladoras das convocatorias e dos procesos selectivos de estabilización das prazas que a seguir se sinalan:

Unha praza de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, de arquitecto/a municipal, pertencente a escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1.

As seguintes prazas do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre:

Unha praza de traballador/a social.

Unha praza de educador/a familiar.

Unha praza de operario/a de servizos municipais, con carné B.

Unha praza de condutor/a tractorista rozador/a, oficial de 3ª.

Una praza de condutor/a de camión, oficial de 1ª.

Unha praza de enxeñeiro/a de montes.

Unha praza de encargado/a de instalacións municipais.

Unha praza de técnico/a de servizos xerais.

Unha praza de animador/a sociocultural.

Unha praza de promotor/a de turismo.

Unha praza de bibliotecario/a.

Tres prazas de auxiliar de axuda a domicilio, xornada completa.

Unha praza de auxiliar de axuda a domicilio, xornada parcial.

Unha praza de auxiliar de axuda a domicilio, xornada parcial (fins de semana e festivos).

Unha praza de limpador/a de edificios municipais, xornada parcial.

Unha praza de limpador/a, xornada parcial.

Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local/técnico/a de emprego.

Unha praza de fisioterapeuta.

Unha praza de operario/a de servizos municipais, con carné C.

As seguintes prazas do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre:

Unha praza de auxiliar de axuda a domicilio, xornada completa.

Dúas prazas de auxiliar de axuda a domicilio, xornada parcial.

Unha praza de limpador/a de edificios municipais.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ourol, 12 de decembro de 2022

José Luis Pajón Camba
Alcalde presidente