Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64378

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de Atención Primaria e se convoca para o acto de elección de destino.

Pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 6 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 19 de outubro), habilitouse o prazo de dez días para que as persoas seleccionadas e os/as aspirantes de reserva que figuraban no anexo II da dita resolución, presentasen a documentación exixida na base 9 da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 18 de abril de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 27 de abril) de convocatoria do proceso selectivo para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Nesta mesma base disponse que os/as aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións.

Establécese, así mesmo, que comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as, e indicará o prazo e o procedemento para a elección dos destinos ofertados.

Pola Resolución do 13 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 202, do 24 de outubro), procédese á resolución parcial do proceso selectivo, ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as na categoría de facultativo/a especialista de Atención Primaria, establecendo a dita resolución que os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. Transcorrido o dito prazo existen aspirantes que non tomaron posesión da praza adxudicada.

A base 10.3 da resolución de convocatoria do proceso establece que a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso. Neste suposto, o órgano convocante procederá a chamar a novos/as aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación da lista definitiva, para os efectos de que, tras presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria, e optar entre os destinos non ocupados, poidan ser seleccionados/as e nomeados/as persoal estatutario fixo da categoría.

En virtude do exposto, revisada a documentación dos/das aspirantes, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, a relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de Atención Primaria, convocado pola Resolución do 18 de abril de 2022, logo de ter acreditado os requisitos exixidos pola base novena desta resolución.

Segundo. A relación actualizada dos/das aspirantes de reserva que teñen acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos na resolución de convocatoria do proceso selectivo, publícase como anexo II desta resolución, e convócaselles ao acto de elección pola orde de prelación que nel se establece.

Terceiro. En cumprimento da base novena da resolución de convocatoria, exclúense do proceso selectivo, quedando anuladas as súas actuacións e decaendo en todos os dereitos derivados da participación neste, os/as aspirantes que non teñen acreditado os requisitos exixidos e que figuraban nos anexo I e II da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 6 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 19 de outubro).

Cuarto. A relación de prazas que se ofertan, con prestación de servizos en centro/s de saúde e punto/s de atención continuada de referencia, figuran como anexo III desta resolución, incluíndo as prazas non adxudicas no acto de elección destino realizado en execución da Resolución do 22 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 184, do 27 de setembro), así como, as que tendo sido adxudicadas non se ten producido a incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada ou de forza maior.

Quinto. Abrir un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que os/as aspirantes seleccionados e de reserva que constan nos anexos I e II desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

Os/as aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polos que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Sexto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as que se convocan
ao acto de elección

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***4906**

De Tomé Corton, Álvaro

19,628

2

***5673**

Lorenzo Díaz, Noelia

19,490

3

***5431**

Severino Mercedes, Melquiades

19,435

4

***9999**

Hernández Ramos, María del Rocío

19,430

5

***9031**

Conde Sabaris, Patricia

19,300

6

***5405**

Fernández Leizan, Lucía María

19,300

7

***4629**

Arita Aguilar, Carlos Antonio

19,252

8

***1159**

González Caínzos, Laura

19,100

9

***7229**

Sánchez Pou, Minerva Margarita

18,917

10

***3124**

Vázquez Pedreira, Carla

18,890

11

***8677**

Rey Varela, Alba

18,730

12

***0811**

Fernández Robelo, Uxía

18,540

13

***3668**

Grueiro González, María del Carmen

18,340

14

***2004**

López Rosell, Javier

18,340

15

***4588**

Villar Zamora, Guillermo

18,313

16

***3659**

López Souto, Alba

18,100

17

***0899**

Fernández Rubio, Lucía

18,090

18

***2181**

Freire Nivela, Karla Judith

17,900

19

***1171**

García Villanueva, María Belén

17,840

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Relación de aspirantes de reserva que se convocan ao acto de elección

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

20

***7663**

Joffre Rodríguez, Adriana Nataly

17,821

21

***9905**

Menéndez Rodríguez, Martín

17,689

22

***4653**

De la Iglesia López, Antonio José

17,600

23

***5880**

Gallego Sánchez, María Elena

17,160

24

***4264**

Martínez Canel, Clara

17,160

25

***7624**

Canedo Rodríguez, Raquel

17,150

26

***2940**

Pons Revuelta, Alba

17,090

27

***9072**

Domínguez Espejo, Manuel Ángel

16,965

28

***1845**

Díez Díaz, Daniel

16,940

29

***9064**

Alvites Pinedo, Jack Alexandro

16,923

30

***9800**

López Cordoba, Ana

16,920

31

***5816**

Gómez Villares, Lorena

16,890

32

***7968**

Fariña González, Hadrián

16,355

33

***5424**

Abad Cives, María Laura

16,346

34

***5949**

Sánchez Maseda, Natalia

16,346

35

***3380**

Álvarez Pérez, Otilia

16,300

36

***5222**

Cubero Saldaña, Eva Sofía

16,260

37

***5464**

Roca González, Cristina

16,120

38

***7716**

Nieto Toscano, Ángela

15,900

39

***5912**

Mariño-Ageitos Monteagudo, Salvador

15,790

40

***2129**

Diéguez Varela, Cristina

15,770

41

***2404**

Fernández Pérez, Patricia

15,763

42

***1541**

Losada Abalo, María de los Ángeles

15,570

43

***8478**

Carabajo Gambarrotti, Evelyn Johanna

15,450

44

***3341**

De Sousa Valente, Liliana Patricia

15,289

45

***7788**

Giráldez Rodríguez, Zaila

15,075

46

***4853**

Miranda Collao, María Elena

14,702

47

***5606**

Paleo Díaz, María Luisa

14,599

48

***2361**

Álvarez Calleja, Maria

14,550

49

***2064**

Sarmentero González, Nuria

14,540

50

***5112**

Rodríguez Alonso, Miguel

14,070

51

***4232**

Fernández Gómez, Francisco Manuel

13,599

52

***1142**

De Matos Rodrigues, Artur Jorge

13,590

53

***2620**

Alonso García, Hugo

13,450

54

***0775**

Beiro Rozas, Sara

13,210

55

***0684**

Fernández Astray, Laura

12,875

56

***7428**

Rozas García, Sara

12,550

57

***0801**

Peleato Iñarrea, Patricia

12,050

58

***6548**

Núñez-Torrón Núñez, Antón

11,610

59

***8322**

Lobo Martínez, Raquel

11,600

60

***3008**

López Agreda, Sofía Zaida

11,410

61

***8578**

Saco Díaz, Daniel

11,140

62

***0353**

Izquierdo Navarro, Miladys

11,016

63

***7963**

Sánchez Fontarigo, Noelia

10,000

64

***4796**

Rodríguez Sanjurjo, Elisa Concepción

6,820

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

Anexo III

Prazas ofertadas

Centro directivo

Servizo de AP

Centro/s

Quenda

Pac/s de referencia

A.S. da Coruña e Cee

Ponteceso

Laxe

Mañá

Ponteceso-Cee

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Burela

Burela

Tarde

Burela

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Burela

Foz

Tarde

Ribadeo-Burela

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Lugo A Milagrosa

Milagrosa

Desprazable

Lugo-Palas de Rei

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Burela

San Cibrao

Mañá

Viveiro-Burela

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Viveiro

Viveiro

Tarde

Viveiro-Ribadeo

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Viveiro

Viveiro

Tarde

Viveiro-Ribadeo

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Vilalba

Xermade

Mañá

Lugo-Guitiríz

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Barco Valdeorras

Barco Valdeorras

Desprazable

Barco Valdeorras

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Cambados

Cambados

Desprazable

Cambados-O Grove

A.S. de Pontevedra e O Salnés

O Grove

O Grove

Mañá

O Grove

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Vilagarcía de Arousa

San Roque

Tarde

Vilagarcía-Caldas de Reis

A.S. de Vigo

A Guarda

A Guarda

Desprazable

A Guarda-Valmiñor

A.S. de Vigo

Cangas

Cangas

Tarde

Cangas-Moaña-Redondela

A.S. de Vigo

Moaña

Moaña

Tarde

Cangas-Moaña-Redondela

A.S. de Vigo

Moaña

Moaña

Tarde

Cangas-Moaña-Redondela

A.S. de Vigo

A Guarda

O Rosal

Mañá

A Guarda-Valmiñor

A.S. de Vigo

Ponteareas

Ponteareas

Tarde

Ponteareas-Vigo

A.S. de Vigo

Redondela

Redondela-Pazos de Borbén-Fornelos

Mañá

Redondela-Cangas-Moaña