Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64573

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio de Augas de Valdeorras

ANUNCIO das bases e da convocatoria do proceso selectivo para prover a praza incluída na oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal, de conformidade coa Lei 20/2021.

No BOP de Ourense de 9 de decembro de 2022 publicáronse integramente as bases para cubrir a praza da oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal do Consorcio de Augas de Valdeorras, de conformidade coa Lei 20/2021.

A praza que se convoca é a seguinte:

(1) Administrativo. Concurso. Laboral. Bacharelato, formación profesional de grao medio en Administración ou Xestión ou equivalente. Celga 4.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral do Consorcio de Augas de Valdeorras ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistro do Consorcio de Augas de Valdeorras ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) De forma telemática, a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, no enderezo https://sede.depourense.es

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polo seguinte importe, e xuntarase á solicitude o correspondente xustificante: 15 euros.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Ourense, 12 de decembro de 2022

Pablo Pérez Pérez
Presidente do Consorcio de Augas de Valdeorras