Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervantes

ANUNCIO de extracto da convocatoria e bases para o ingreso en prazas de persoal laboral fixo incluídas na oferta de emprego público do ano 2022 (disposición adicional sexta e disposición adicional oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro), cota xeral e cota de persoas con capacidades diferentes, sistema concurso, acceso libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 282, do 12 de decembro de 2022, publicáronse integramente a convocatoria e as bases para o ingreso en prazas de persoal laboral fixo (disposición adicional sexta e disposición adicional oitava da Lei 20/2021) que a seguir se relacionan:

– Unha praza de traballador/a social, persoal laboral fixo, que se cubrirá polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, persoal laboral fixo, que se cubrirá polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de limpador/a de edificios públicos, persoal laboral fixo, que se cubrirá polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de limpador/a de edificios públicos, persoal laboral fixo, xornada parcial, que se cubrirá polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Seis prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, que se cubrirá polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Nove prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, xornada parcial, que se cubrirá polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de peón, persoal laboral fixo, que se cubrirá polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de condutor de vehículos municipais, persoal laboral fixo, que se cubrirá polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de tractorista, persoal laboral fixo, que se cubrirá polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, xornada parcial, cota de persoas con capacidades diferentes, que se cubrirá polo sistema de concurso, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos cando proceda de conformidade co establecido nas bases.

Cervantes, 12 de decembro de 2022

Benigno Gómez Tadín
Alcalde