Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64566

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle formulado para a ordenación de volumes na parcela 12/5 do rueiro 12/5 do polígono Aceña de Olga, que modifica o anteriormente aprobado definitivamente polo Acordo plenario do 10 de decembro de 1997.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 24.11.2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente, de conformidade co informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 8.8.2022, o estudo de detalle formulado pola mercantil Thor Private Equity Spain, S.L., representada por Pedro Cardenal García e redactado por Tellocardenal Arquitectos, S.L.P., para a ordenación de volumes na parcela 12/5 do rueiro 12/5 do polígono Aceña de Olga, que modifica o anteriormente aprobado definitivamente polo Acordo plenario do 10 de decembro de 1997 (artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Segundo. Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, ao cal fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos interesados e indicarlles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 9 de decembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 2973/2021)
Álvaro Santos Ramos
Tenente de alcaldesa delegado da Área de Sostibilidade Urbana