Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64663

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 7 de decembro de 2022 pola que se publica a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22, convocados pola Orde do 29 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo).

A Orde do 29 de xuño de 2022 (DOG núm. 131, do 11 de xullo) pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22, establece no seu artigo 15.2 que a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita pola comisión de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que recollerá a relación de códigos alfanuméricos das persoas premiadas.

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional viuse afectada pola reestruturación establecida no artigo 6 do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Vista a proposta feita pola comisión de selección, por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de acordo co establecido no artigo 15.2 da orde de convocatoria,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 29 de xullo de 2022 (DOG núm. 151, do 9 de agosto), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación
persoal correspondentes ao curso 2021/22

Código persoal do/da alumno/a

Código do centro

Centro educativo

Importe (€)

ZNNDGQT3

27013934

IES Perdouro

1.000

EQU9B4XE

36020374

IES Valadares

1.000

QD5KSC6H

36019751

IES Antón Alonso Ríos

1.000

7BUICTF0

36005427

CPR Plurilingüe Lar

1.000

JEROMFQE

36020374

IES Valadares

1.000

EFPJS9AZ

36010356

CPR Plurilingüe Escuelas Nieto

1.000

K1F9KQ7L

32009360

CPI Plurilingüe José García García

1.000

ALITE2OI

15032935

IES Rego de Trabe

1.000

13NTS3GM

15027721

IES Plurilingüe de Ames

1.000

H6LFDCKF

15002591

IES Monte Neme

1.000

DU67KLIB

36020349

IES de Sanxenxo

1.000

DZKUVOX2

27013934

IES Perdouro

1.000

DGWFJL9J

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

1.000

NHNSNC8Z

36019751

IES Antón Alonso Ríos

1.000

XZKA0ZMT

27014008

CPI Plurilingüe Tino Grandío

1.000

M14NOSZN

36024197

IES de Cotobade

1.000

HMGDYQZ8

15025566

IES Ferrol Vello

1.000

MYGDSDXH

36020131

IES de Mos

1.000

OBNLY2ML

15023302

IES Manuel Murguía

1.000

LIAXOV3R

32003001

IES Nº 1

1.000