Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65397

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Municipal Aparcamientos A Mariña, S.L.

ANUNCIO do extracto da convocatoria, bases xerais e bases específicas, que regulan o proceso selectivo para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, en virtude da taxa adicional de estabilización.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 291, do 22 de decembro de 2022, publícase a convocatoria, as bases xerais e as bases específicas, que regulan o proceso selectivo para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo, en Aparcamientos A Mariña, S.L., incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, en virtude da taxa adicional de estabilización prevista no artigo 2 e da convocatoria excepcional prevista na disposición adicional sexta, sétima e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que recolle as seguintes prazas:

Proceso de estabilización, prazas laborais (acceso libre, sistema selectivo: concurso, aplicación: convocatoria excepcional, estabilización emprego temporal de larga duración. Disposición adicional sexta, sétima e oitava da Lei 20/2021).

Denominación

Total

Grupo

Axente

5

Peón/oa

Encargado/a

1

Oficial/a

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital do Concello de Viveiro nos termos establecidos nas bases.

Viveiro, 19 de decembro de 2022

Jesús Fernández Fernández
Presidente do Consello de Administración da Sociedade
Municipal Aparcamientos A Mariña, S.L.