Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sandiás

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza mediante concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense 285, do 15 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de traballador/a social, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense e na sede electrónica do Concello de Sandiás.

Sandiás, 16 de decembro de 2022

Felipe Traveso García
Alcalde