Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65386

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Quiroga

ANUNCIO de convocatoria de estabilización de emprego.

Expediente: 377/2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 291, do 22 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases xerais e específicas para proveer, mediante concurso e concurso-oposición, as seguintes prazas de persoal laboral fixo que se van estabilizar:

– Cinco peóns GES.

– Tres auxiliares administrativos/as.

– Un electricista.

– Un técnico de ambiente.

– Un vixilante ambiental.

– Un asesor/a xurídico/a avogado/a CIM.

– Un psicólogo/a CIM.

– Un educador/a social.

– Dous camareiros/as limpadores/as

– Un orientador/a laboral.

– Tres conserxes.

– Dous animadores/as socioculturais.

– Tres operadores/as de cámara.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Quiroga.

Quiroga, 16 de decembro de 2022

Julio Álvarez Núñez
Alcalde