Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65456

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 6 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2022-2024 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2022-2023 (código de procedemento TR301P).

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

A Orde do 6 de maio de 2022 (DOG núm. 95, do 18 de maio), en diante orde de bases, estableceu as bases reguladoras para o período 2022-2024 e procedeu á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2022-2023 (procedemento TR301P).

Posteriormente, a Orde do 9 de xuño de 2022 (DOG núm. 116, do 17 de xuño), modificou parcialmente o artigo 5 da orde de bases, relativo ao compromiso de contratación.

A Orde do 6 de maio de 2022 ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas de subvencións das accións formativas para o emprego en unidades formativas das empresas con compromiso de contratación.

Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

Destinouse á primeira convocatoria un crédito por importe total de catorce millóns de euros (14.000.000 €), distribuído en dúas anualidades, que se imputarán con cargo á aplicación orzamentaria 11.05.323A.471.0, ou a aquelas que a substitúan de conformidade coa normativa orzamentaria aplicable, e con código de proxecto 2013 00545.

A relación de subvencións concedidas e as empresas beneficiarias, ordenadas por código de expediente, publícase como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2022

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación

ANEXO

Expediente

Entidade

NIF

Aplicación orzamentaria

Subvención concedida

TR301P-2022/000001-0

Centros Agrupados de Formación Empresarial, S.L.

B86979465

11.05.323A.4710

81.939,00 €

TR301P-2022/000002-0

Centro de Formación Sálvora, S.L.

B36447035

11.05.323A.4710

82.771,20 €

TR301P-2022/000003-0

Autoescuela Sálvora, S.L.

B36015105

11.05.323A.4710

251.762,40 €

TR301P-2022/000004-0

CITIC HIC Gándara Censa, S.A.U.

A36380715

11.05.323A.4710

3.306,24 €

TR301P-2022/000005-0

Cooperativas Orensanas, S. Coop. Ltda.-Coren

F32001976

11.05.323A.4710

1.129.599,00 €

TR301P-2022/000006-0

Nova Frigsa, S.A.U.

A27199140

11.05.323A.4710

160.935,60 €

TR301P-2022/000007-0

Academia de Enseñanza Newton Vilalba, S.L.U.

B27358209

11.05.323A.4710

85.262,40 €

TR301P-2022/000008-0

Industrias Frigoríficas del Louro, S.A.

A36001998

11.05.323A.4710

253.837,20 €

TR301P-2022/000009-0

Rodavigo, S.A.

A36634434

11.05.323A.4710

25.350,00 €

TR301P-2022/000010-0

Forma-T 2011, S.L.

B27422302

11.05.323A.4710

198.732,60 €

TR301P-2022/000012-0

High Wind Services, S.L.

B70502422

11.05.323A.4710

20.047,36 €

TR301P-2022/000013-0

Instituto de Soldadura e Qualidade, S.A.

A85957827

11.05.323A.4710

24.587,40 €

TR301P-2022/000014-0

Pan y Panadería de Ousá, S.L.

B27157924

11.05.323A.4710

96.129,90 €

TR301P-2022/000015-0

Escuela de Carniceros de Galicia, S.L.

B01902113

11.05.323A.4710

72.491,40 €

TR301P-2022/000016-0

Carpintería Metálica Alumán, S.L.

B15042286

11.05.323A.4710

80.665,20 €

TR301P-2022/000017-0

Zero Energetic Housing, S.L.

B70546056

11.05.323A.4710

84.947,28 €

TR301P-2022/000018-0

Proyestegal, S.L.

B27159730

11.05.323A.4710

83.670,75 €

TR301P-2022/000019-0

Ingeniería Insitu

B27715309

11.05.323A.4710

74.192,60 €

TR301P-2022/000021-0

Benteler Automotive Vigo, S.L.

B50846807

11.05.323A.4710

201.203,10 €

TR301P-2022/000022-0

Soldega Formación, S.L.

B27431493

11.05.323A.4710

348.262,20 €