Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65489

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Camariñas

ANUNCIO referente á convocatoria para prover varias prazas de persoal laboral fixo incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña núm. 226, do 29 de novembro de 2022, publícanse as convocatorias, as bases xerais e as bases específicas que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo no Concello de Camariñas, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (disposición adicional 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro), que a seguir se sinalan:

Denominación da praza: educador familiar. Grupo: I. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: auxiliar doméstica. Grupo: V. Núm. de prazas: 6. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: axente de emprego. Grupo: II. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: educadora de adultos. Grupo: II. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: directora da mostra. Grupo: I. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: ordenanza/conserxe. Grupo: V. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: peón camión do lixo. Grupo: V. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: técnico informático. Grupo: III. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: conserxe. Grupo: V. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: operario servizos múltiples. Grupo: V. Núm. de prazas: 5. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: auxiliar museo. Grupo: IV. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada Parcial.

Denominación da praza: orientador laboral. Grupo: I. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: técnico deportivo. Grupo: IV. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada Parcial.

Denominación da praza: psicólogo. Grupo: I. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial, excedencia. Ocupada interino. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

Denominación da praza: condutor camión lixo. Grupo: V. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso. Xornada completa.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP da Coruña, así como no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Camariñas.

Camariñas, 29 de novembro de 2022

Sandra Insua Rial
Alcaldesa