Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65493

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oímbra

ANUNCIO da convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal para a selección de varias prazas.

Esta oferta pública extraordinaria aprobouse en sesión da Xunta de Goberno do 11.5.2022, anunciada mediante o Edicto publicado no BOP do día 18 de maio, núm. 112, e no DOG do 20 de maio, núm. 97.

Mediante o Acordo de Xunta de Goberno Local extraordinaria, do 13 de decembro de 2022 , aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir as prazas, e no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 288, do 19 de decembro, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover mediante concurso-oposición e concurso as seguinte prazas:

Concurso-oposición:

– 1 chofer de tractor.

– 1 administrativo/a da Oficina de Información Xuvenil (OIX).

– 1 administrativo/a do Punto de Información Catastral (PIC) arquivo.

Concurso:

– 1 encargado/a de parques e xardíns.

– 1 axente de emprego e desenvolvemento local.

– 1 limpador/a do grupo escolar e da escola infantil.

– 1 limpador/a do centro de saúde e do concello.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica municipal (https://oimbra.sedelectronica.gal).

Oímbra, 19 de decembro de 2022

Ana Mª Villarino Pardo
Alcaldesa