Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Santos

ANUNCIO polo que se aproban as bases e a convocatoria no marco do proceso de estabilización de emprego temporal.

Pola Resolución da Alcaldía núm. 2022-0274, do 7 de decembro 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, para cubrir as 9 prazas que se citan: 4 prazas de auxiliares de axuda no fogar, 1 praza de axente de emprego local, 1 praza de axente TIC, 1 praza de traballador/a social, 1 praza de director do Punto de atención á infancia e 1 praza de persoal de apoio do Punto de atención á infancia, para o Concello de Vilar de Santos, mediante sistema de concurso (D.A. 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 287, do 17 de decembro de 2022, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema do concurso, das 9 prazas vacantes no cadro de persoal municipal.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica deste concello (http://vilardesantos.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello.

Vilar de Santos, 19 de decembro de 2022

Antonio Míguez Nogueiras
Alcalde