Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65734

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO das bases do proceso de estabilización de emprego temporal das ofertas de emprego público dos anos 2019 e 2021.

Na Resolución da Alcaldía número 2022-1209, do 19 de decembro de 2022, aprobáronse as bases que regularán os procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes incluídas no proceso de estabilización de emprego temporal das ofertas de emprego público dos anos 2019 e 2021 e que a seguir indicamos:

Persoal funcionario:

• 1 administrativo/a.

• 1 conserxe.

• 1 sepultureiro/a.

• 2 auxiliares administrativos/as.

• 1 técnico/a de intervención.

Persoal laboral:

• 1 avogado/a.

• 1 psicólogo/a.

• 1 técnico/a sociocultural.

• 1 educador/a familiar.

• 1 coordinador/a de ludoteca.

• 1 monitor/a de ludoteca.

• 1 axente de desenvolvemento local.

• 1 orientador/a profesional.

• 1 peón/oa de servizos.

• 1 profesor/a de música.

• 1 profesor/a de música fixo descontinuo.

• 2 profesor/a de música fixo descontinuo 2/3 xornada.

• 2 conserxes.

• 1 conserxe ½ xornada.

• 9 limpadores/as.

• 1 técnico/a de cultura e deportes.

• 1 oficial 1ª electricista.

O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña:

https://concellodemoana.sedelectronica.gal

Moaña, 20 de decembro de 2022

Leticia Santos Paz
Alcaldesa