Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 65898

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR440D).

O Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da Política Agrícola Común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derogan os Regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, contempla no seu artigo 57 e seguintes os tipos de intervencións a realizar no sector vitivinícola e a axuda financeira da Unión para esta intervención.

Así mesmo, o Regulamento (UE) 2021/2115, establece no seu artigo 43 que a intervención no sector vitivinícola é obrigatorio para todos os Estados membros incluídos no seu anexo VII, no que está incluída España. Deben terse en conta así mesmo o Regulamento delegado (UE) 2022/126 da Comisión do 7 de decembro de 2021 polo que se completa o Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo aos requisitos adicionais para determinados tipos de intervención especificados polos Estados membros nos seus plans estratéxicos da PAC para o período 2023-2027 en virtude de dito Regulamento, e ás normas sobre a proporción relativa á norma 1 das boas condicións agrarias e medioambientais (BCAM), o Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión do 21 de decembro de 2021 polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC; e o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello de 2 de decembro de 2021 sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se deroga o Regulamento (UE) n° 1306/2013.

A regulación esencial específica do sector vitivinícola dentro da Política Agraria Común (PAC) atópase principalmente no artigo 39 e seguintes do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derogan os Regulamentos (CEE) n° 922/72, (CEE) n° 234/79, (CE) n° 1037/2001 e (CE) n° 1234/2007. Este Regulamento foi desenvolto e modificado en numerosas ocasións.

A nova regulamentación da Unión Europea en materia de política agraria á que se fixo referencia, esencialmente o Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021, incorporaron importantes cambios no sector que fan necesaria unha nova norma nacional nesta materia.

Nese sentido, o Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou o Real Decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a Intervención Sectorial Vitivinícola no marco do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común.

Nese real decreto figura unha intervención para actividades de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países, mencionada no artigo 58.1, parágrafo primeiro, letra k) do Regulamento (UE) 2021/2115, do Parlamento Europeo e do Consello, e ten como obxectivo mellorar a competitividade dos viños españois mediante a apertura e diversificación dos mercados vitivinícolas. A articulación desta intervención levarase a cabo a través de programas de carácter anual.

Por todo o indicado, e ante a proximidade do inicio do exercicio orzamentario 2023, procede realizar a convocatoria de axudas previstas para esa intervención nese ano.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de actividades de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2023. O código de procedemento é o MR440D.

Capítulo I

Bases reguladoras para a concesión das axudas para a execución de actividades de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países

Artigo 2. Ámbito de aplicación

Co fin de mellorar a competitividade dos viños españois, o que inclúe a apertura e diversificación dos mercados vitivinícolas, concederase apoio financeiro con cargo ao orzamento da Unión Europea ás accións de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países, nas condicións previstas na presente orde.

Artigo 3. Tipos de accións

A intervención mencionada no artigo 58.1, parágrafo primeiro, letra k) do Regulamento (UE) 2021/2115, do Parlamento Europeo e do Consello, levarase a cabo a través de programas.

Para estes efectos terá a consideración de programa o conxunto de accións de promoción coherentes que se desenvolvan nun ou varios terceiros países, cuxo alcance sexa suficiente para contribuír a aumentar a información sobre os produtos en cuestión, así como a súa comercialización.

Os programas poderán consistir nunha ou varias das accións e sub-accións relacionadas no anexo III desta orde, encamiñadas á mellora da competitividade do sector vitivinícola e á apertura, diversificación e consolidación dos mercados.

Artigo 4. Produtos e países admisibles

1. Poderán ser obxecto da intervención de promoción os produtos destinados ao consumo directo detallados no anexo IV e que pertenzan a algúns dos seguintes grupos:

a) Viños amparados por unha Denominación de Orixe Protexida (DOP).

b) Viños amparados por unha Indicación Xeográfica Protexida (IXP).

c) Viños nos que se indique a variedade ou variedades de uva de vinificación.

2. Os programas destinados a consolidar as saídas comerciais referiranse unicamente aos viños con denominación de orixe e indicación xeográfica protexida.

3. Consideraranse elixibles para realizar a promoción todos os países terceiros.

Artigo 5.Duración dos programas

1. Os programas levaranse a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de cada ano. Non obstante, para os programas de promoción levados a cabo en terceiros países correspondentes ao ano 2023, o período de execución levarase a cabo entre o 1 de maio de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

2. A duración máxima da axuda por mercado dun terceiro país será de un ano, a excepción do indicado no apartado 3 para os viños amparados por unha figura de calidade diferenciada (DOP ou IXP).

3. De acordo co previsto no artigo 58.1, parágrafo segundo do Regulamento (UE) 2021/2115, do Parlamento Europeo e do Consello, as accións de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países destinadas a consolidar as saídas comerciais dos viños con DOP ou IXP poderán ter unha duración máxima non prorrogable de tres anos. Esta limitación aplicarase para un determinado beneficiario nun mercado dun terceiro país, tendo en conta para isto a combinación país, rexión, acción, sub-acción e público obxectivo.

4. Para estes efectos, entenderase como mercado dun terceiro país a combinación do ámbito xeográfico e público obxectivo ao que se dirixen as accións e sub-accións dun programa. O ámbito xeográfico dun programa poderá incluir un ou máis dos terceiros países, así como das rexións recollidas no anexo XXII (rexións dos terceiros países obxecto de destino na intervención de promoción) do Real Decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a Intervención Sectorial Vitivinícola no marco do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común.

Artigo 6. Axuda financeira

1. A axuda financeira da Unión para as accións de promoción e comunicación non superará o 50 % dos gastos subvencionables, tal e como se establece no artigo 59.7 do Regulamento (UE) 2021/2115, do Parlamento Europeo e do Consello.

2. A contía máxima de axuda solicitada por empresa vinícola non poderá superar o 5 % do orzamento total destinado á intervención de promoción, contemplado na ficha financeira da Intervención Sectorial Vitivinícola para o exercicio financeiro correspondente.

Artigo 7. Criterios de admisibilidade dos beneficiarios.

1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas nas que, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado, máis do 50 % da súa facturación proveña de produtos do anexo IV ou cuxa produción supere os 500 hl deses produtos. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, definidas de acordo cos artigos 152 e 156 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro.

c) Organizacións interprofesionais

d) Organizacións profesionais que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.

e) Órganos de xestión e de representación das DOP e IXP vitivinícolas, así como as súas asociacións.

f) As asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

g) Cooperativas que comercialicen viños elaborados por elas ou polos seus asociados.

h) As entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

i) Os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción e comunicación de produtos e mercados en terceiros países, a condición de que dito organismo non sexa o único beneficiario da axuda.

No caso das asociacións temporais ou permanentes de produtores designarase un representante da agrupación, que deberá ter poderes suficientes para poder cumprir as obrigas que corresponden á citada agrupación como beneficiaria das axudas, tal e como establece o artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Todos os membros da agrupación obterán a condición de beneficiarios, e manteranse na agrupación desde o momento de presentación da solicitude ata o cese das obrigas de control financeiro establecidas pola Lei 38/2003, do 17 de novembro.

2. Non poderán ser beneficiarios da axuda os que se atopen en calquera das seguintes situacións:

a) Situación de crise, segundo se define nas Directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01, da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

b) En proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario.

c) Ser declarada insolvente en calquera procedemento.

d) Acharse declarada en concurso, agás que neste adquirira a eficacia un convenio.

e) Estar suxeitos a intervención xudicial ou ter sido inhabilitada conforme á Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que concluíra o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

f) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, non poderán obter a condición de beneficiario as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na citada lei.

Esta circunstancia acreditarase por parte das sociedades que, de acordo con a normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante unha declaración responsable. Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada establécese a necesidade de acreditar o cumprimento dos prazos legais de pago mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

3. Así mesmo, non poderán percibir estas axudas quen:

a) Incumpran calquera dos requisitos previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Non se atopen ao corrente respecto das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridad Social.

c) Se demostre que crearon artificialmente as condicións esixidas para cumprir os criterios de admisibilidade ou de prioridade establecidos, tal e como se establece no artigo 62 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello.

4. Os beneficiarios deberán demostrar, en función do persoal de que dispoñen, e, no seu caso, do tamaño da empresa e a súa experiencia profesional nos últimos anos, que teñen acceso á suficiente capacidade técnica para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países e que contan cos recursos financeiros e de persoal suficientes para asegurar que a intervención de promoción se aplica o mais eficazmente posible.

5. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos para asegurar a resposta a longo prazo fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada unha vez concluída.

6. Deberán presentar, coa solicitude de axuda, unha declaración responsable de non ter recibido dobre financiamento ou axudas incompatibles.

7. No caso de volver a solicitar outro programa en sucesivos anos deberán presentar, xunto á solicitude de axuda, unha declaración responsable, aos efectos de dar cumprimento ao prazo establecido no artigo 5 relativo á duración máxima dos programas.

Artigo 8. Criterios de admisibilidade dos programas

1. Os programas estarán claramente definidos, especificando os obxectivos concretos, o terceiro país ou países ou mercados do terceiro país ou países aos que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as accións e sub-accións que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.

2. A estratexia proposta debe ser coherente cos obxectivos fixados para o programa.

3. O beneficiario garantirá que os custos propostos non superan os prezos normais de mercado e se cumpre a moderación de custos.

4. Os mensaxes da promoción basearanse nas cualidades intrínsecas do produto, e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países aos que van destinados.

5. No caso dos viños con denominación de orixe protexida e indicación xeográfica protexida, a orixe do produto deberá indicarse como parte da promoción.

6. Sen prexuízo do disposto nos apartados 4 e 5, as referencias ás marcas, no seu caso, poderán formar parte da promoción.

7. O material promocional levará o emblema da Unión Europea e incluirá a seguinte declaración: «Financiado pola Unión Europea». O emblema e a declaración de financiamento exhibiranse de conformidade coas características técnicas establecidas no Regulamento de execución (UE) 821/2014 da Comisión.

Para estes efectos considerarase material promocional os catálogos, carteis e folletos, vídeos e material web que se utilicen na promoción do viño, así como artigos de regalo.

Artigo 9. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, consideraranse gastos subvencionables aqueles que respondan inequivocamente á natureza da sub-acción subvencionada, se realicen ao longo do período de execución do programa correspondente e sexan abonados polo beneficiario con anterioridade á solicitude de pagamento, salvo as excepcións que poida establecer o órgano competente.

2. Serán subvencionables tamén:

a) Gastos administrativos do beneficiario, sempre e cando non superen o 4 % do total dos custos subvencionables do programa executado. Estes gastos incluirán gastos do beneficiario tales como gastos de administración e xestión (como os gastos informáticos internos), gastos de secretaría, contabilidade, correspondencia, alugueiro, comunicacións, consumos correntes como auga, gas, electricidade, gastos de mantemento e, no seu caso, os gastos correspondentes ao certificado dos estados financeiros, recollido no artigo 18.7.

Estes gastos para ser subvencionables deberán estar contemplados como unha partida específica no orzamento recapitulativo do programa. Xustificaranse mediante un certificado do beneficiario que acredite ditos gastos no programa aprobado.

Os custos das auditorías externas relativos ao certificado dos estados financeiros consideraranse subvencionables cando sexan realizados por un organismo externo independente e cualificado.

Non se considerarán subvencionables os custos administrativos relacionados coa xestión e tramitación da solicitude de axuda ante a autoridade competente.

b) Os gastos de persoal contraídos polo beneficiario, polas filiais no sentido do artigo 31.7, do Regulamento Delegado (UE) 2022/126 da Comisión ou, previa autorización da autoridade competente, por parte dunha cooperativa que sexa membro dunha organización de produtores, se se contraeron en relación coa preparación, a execución ou o seguimento dun programa financiado en concreto.

Ditos gastos de persoal incluirán, entre outros, os gastos do persoal contratado polo beneficiario e os gastos correspondentes ao número de horas de traballo que o persoal permanente invista na execución dun programa.

O beneficiario deberá presentar os documentos xustificativos nos que se detallen os traballos realmente realizados en relación co programa en cuestión. O valor do gasto de persoal relacionado con un determinado programa deberá poder avaliarse e verificarse de forma independente e non excederá dos gastos normais do mercado en cuestión para o mesmo tipo de servizo.

Aos efectos da determinación dos gastos de persoal relacionados coa execución dun programa por parte do persoal permanente do beneficiario, poderá calcularse a tarifa horaria aplicable dividindo entre 1.720 horas os últimos gastos salariais anuais brutos documentados dos empregados que traballasen na execución do programa, ou se determinará de maneira proporcional en caso de empregados a tempo parcial.

A suma dos gastos de persoal non poderá superar o 20 % do total dos custos subvencionables das accións executadas, polo que ditos gastos deberán figurar convenientemente desagregados no orzamento recapitulativo do programa que se presente.

As condicións para a subvencionabilidade destes e outros gastos son as establecidas no anexo VII desta Orde.

3. O gasto será subvencionable sempre que se cumpran as seguintes condicións:

a) se levara a cabo a sub-acción promocional subvencionada que orixina o gasto dentro da anualidade do programa, isto é, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro, e

b) o gasto fose efectivamente pagado polo beneficiario con anterioridade á finalización do prazo de xustificación, é dicir, antes do 15 de febreiro.

4. Non se poderán considerar subvencionables os custos referidos no anexo VIII desta orde.

Artigo 10. Outros requisitos

1. O solicitante debe garantir que todos os custos propostos do programa presentado non superan os prezos normais do mercado. En todo caso, e para os efectos da súa comprobación, o solicitante deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores.

As ofertas presentadas deben ser independentes entre si e deben conter unha descrición clara e detallada de todos os conceptos que inclúen, de forma que sexan comparables.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficacia e economía, debendo xustificarse expresamente a elección cando non recaia na proposta económica más vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica más vantaxosa.

Cando se presente un número de ofertas menor ao requirido deberá xustificarse axeitadamente.

2. De acordo co previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios poderán subcontratar totalmente a realización das actividades subvencionadas.

Será admisible a execución total ou parcial das actividades subvencionadas por persoas ou entidades vinculadas ao beneficiario, sempre que a contratación se realice de acordo coas condicións normais do mercado e esta non supoña un aumento do custo da actividade subvencionada sen aportar valor engadido ao contido desta. En todo caso requirirá a autorización previa da consellería.

3. Os beneficiarios da axuda deberán asegurarse da conformidade do material de información e promoción elaborado no marco dos programas tanto coa normativa da Unión Europea, como coa lexislación do terceiro país no que se desenvolva o programa. Para isto, o beneficiario presentará ante a autoridade competente unha declaración responsable onde indique a conformidade de dito material e o cumprimento da normativa de aplicación correspondente, así como evidencias da proba de chegada a destino do material promocional utilizado por parte do destinatario no terceiro país, sempre e cando sexa susceptible de ser utilizado noutro mercado distinto ao país de destino.

Artigo 11. Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes de axuda presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fora realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. As solicitudes deberán presentarse antes do 15 de setembro do ano previo ao comezo do programa. Non obstante, para os programas de promoción levados a cabo en terceiros países correspondentes ao ano 2023, as solicitudes deberán presentarse no prazo establecido no artigo 29 desta orde.

Artigo 12. Documentación complementaria

1. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como Anexo I desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:

– Memoria, que deberá conter polo menos a información prevista no Anexo II desta orde.

– Copia do poder ou acordo do órgano competente, si é o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes, na data da solicitude.

– Catálogo ou relación descritiva da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción presentado. No caso de viños amparados por unha denominación de orixe, IXP ou ecolóxicos, debe acompañarse ademais un certificado do Consello Regulador que indique o viño dispoñible.

– Relación de ofertas solicitadas e elixidas: Anexo IX debidamente cuberto, acompañado de todas as ofertas solicitadas.

– Copia das escrituras e dos estatutos ou do Regulamento da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.

– Copia do imposto de sociedades ou documentación equivalente (no caso de persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

– Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, de cumprimento dos prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común, non será necesario acompañar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidese obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa presentación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias aportadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que no estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda e Función Pública) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública) de acordo co establecido nos artigos 11 e 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Os beneficiarios que teñan a intención de acompañar certificados dos estados financeiros coas súas solicitudes de pagamento deberán notificalo á autoridade competente no momento da presentación da súa solicitude de axuda.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento acreditativo da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistente no NIF cando o solicitante sexa unha persoa xurídica e no DNI/NIE no caso de persoa física.

b) Declaración do IRPF dos últimos tres anos.

c) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridad Social.

e) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública ).

f) Comprobación de que o solicitante ten o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Comprobación de que o solicitante non ten concedidas outras axudas incompatibles.

h) Comprobación de que o solicitante non está inhabilitado para obter axudas públicas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e acompañar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Instrución

1. Correspóndelle á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias a instrución do procedemento. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos, a unidade correspondente da referida Dirección Xeral requirirá o interesado para que nun prazo máximo e improrrogable de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e, se é o caso, o de emenda establecido no apartado anterior, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total da inversión, nin incluíndo novos países nin accións para as que se solicitase axuda.

3. A tramitación das solicitudes constará dunha primeira fase en que se verificará a súa admisibilidade mediante a comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos. As solicitudes que no cumpran eses requisitos non serán admisibles.

As solicitudes que superen esta primeira fase pasarán a unha segunda de priorización, na cal se valorarán as solicitudes utilizando os criterios de priorización indicados no anexo V desta orde. Para estes efectos, as solicitudes serán valoradas por unha comisión de valoración que estará presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral da Cadea e Industrias Agroalimentarias, e integrado por dous funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior á de xefe de sección.

4. A comisión de valoración emitirá un informe coa valoración das solicitudes aplicando os criterios de priorización establecidos, e que elevará á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Esta Dirección Xeral elaborará unha lista de programas admisibles, ordenada con base na puntuación obtida ao aplicar a ponderación dos criterios de prioridade. Excluiranse os programas cuxa puntuación non acade 25 puntos, aos que non se lles poderá conceder subvención algunha.

5. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias remitirá á Dirección Xeral da Industria Agroalimentaria antes do 30 de novembro de cada ano, as necesidades financeiras para o exercicio financeiro seguinte, sendo estas necesidades o orzamento total previsto dos programas admisibles. Non obstante, para os programas de promoción a levar a cabo en terceiros países correspondentes ao ano 2023, a remisión desas necesidades financeiras efectuarase antes do 15 de marzo de 2023.

Unha vez coñecidas as dispoñibilidades financeiras para promoción levada a cabo en terceiros países do exercicio financeiro obxecto da convocatoria, a Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, conforme ao artigo 86 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, acordará a asignación de fondos a cada comunidade autónoma e, no seu caso, ao FEGA O.A., proporcionalmente ao importe da axuda demandada por cada unha delas.

Os fondos liberados por desistencias, renuncias ou modificacións poderán utilizarse para atender necesidades en cada comunidade autónoma.

6. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, co orzamento asignado na Conferencia Sectorial, seleccionará os programas a subvencionar, así como a axuda financeira para cada un deles, con base nunha destas opcións:

a) Cando o orzamento total previsto nos programas admisibles implique unha axuda (segundo o máximo previsto no artigo 6) que non exceda do límite financeiro inicialmente asignado a esta intervención de promoción para cada comunidade autónoma ou ao FEGA O.A., no seu caso, elaborarase unha lista definitiva de programas e establecerase para eles a axuda máxima prevista no artigo 6.

b) Cando o orzamento total previsto nos programas admisibles implique unha axuda (segundo o máximo previsto no artigo 6) que exceda do límite financeiro inicialmente asignado a esta intervención para a comunidade autónoma, optarase por unha das seguintes opcións:

1º Conceder a axuda máxima prevista no artigo 6, por orde de puntuación, dentro dos límites dos fondos dispoñibles para a intervención de promoción para cada comunidade autónoma.

2º Diminuír a axuda máxima prevista no artigo 6 ata un mínimo do 35 % de financiamento, ata esgotar os fondos dispoñibles para a intervención de promoción para cada comunidade autónoma por orde de puntuación.

7. En caso de empate, segundo as puntuacións obtidas de acordo co anexo V, priorizaranse os programas con maior puntuación de acordo coa seguinte orde: apartado 1, apartado 2, apartado 3 e apartado 4. En caso de persistir o empate priorizarase o programa de maior orzamento subvencionable.

8. Os programas seleccionados constituirán a lista definitiva, que será comunicada, para información, á Dirección Xeral da Industria Alimentaria, a través da aplicación informática que se estableza, antes do 28 de febreiro de cada ano. Non obstante, para os programas de promoción a levar a cabo en terceiros países correspondentes ao ano 2023, esta comunicación efectuarase antes do 15 de xuño.

Artigo 15. Resolución

1. Unha vez acadado o acordo da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural sobre a distribución de fondos e as condicións establecidas para estes, a Consellería do Medio Rural resolverá as solicitudes e notificaranas aos beneficiarios.

O prazo máximo para a resolución e notificación do procedemento será de seis meses contados a partir do día seguinte á Conferencia Sectorial de asignación de fondos. Transcorrido o prazo de seis meses sen se ter notificado aos interesados ningunha resolución, estes poderán entender desestimada a súa solicitude de acordo co disposto no artigo 25.5 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

2. As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou da respectiva orde de convocatoria anual esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, para os actos non expresos.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se a resolución é expresa.

3. No caso de resolución favorable, os beneficiarios comunicarán á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias no prazo máximo dun mes, a aceptación da subvención nos termos establecidos, así como a xustificación do depósito dunha garantía de boa execución, de acordo coas condicións previstas no Regulamento Delegado (UE) 2022/127 da Comisión do 7 de decembro de 2021, por un importe non inferior ao 15 por cento do montante do financiamento da Unión Europea, co fin de asegurar a correcta execución do programa. A non comunicación da aceptación ou a non presentación da xustificación do depósito da garantía de boa execución considerarase como renuncia á axuda, procedéndose sen máis trámite ao arquivo do expediente.

A garantía de boa execución deberá ter validez ata o momento do pagamento final e liberarase cando a autoridade competente da comunidade autónoma acorde a súa cancelación.

A obriga da garantía de boa execución, segundo o artigo 64 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do Parlamento Europeo e o Consello, do 2 de decembro de 2021, será a execución de, polo menos, o 50 % do orzamento total do programa, inicialmente aprobado ou modificado agás causas de forza maior ou circunstancias excepcionais. Por debaixo deste procederase á execución total da garantía de boa execución.

4. Para o caso previsto no artícgo 14.6.b) desta orde, as resolucións poderán facer referencia á aplicación dunha diminución da axuda máxima prevista e, en tal caso, cando haxa desistencias ou modificacións autorizadas de acordo ao artigo 67, as comunidades autónomas, ou o FEGA O.A, poderán realizar resolucións complementarias.

No caso de resolución complementaria, o beneficiario deberá comunicar á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias no prazo máximo de 10 días, a aceptación de dita resolución complementaria. A non presentación desta comunicación entenderase como a non aceptación por parte do beneficiario, manténdose o programa tal e como foi aprobado inicialmente.

Artigo 16. Modificación dos programas

1. O beneficiario poderá presentar modificacións do programa de promoción inicialmente aprobado, diferenciándose dous tipos de modificación:

a) modificación maior, calquera que non sexa un cambio menor.

b) modificación menor, cuxas características se especifican no apartado 5.

2. Todas as modificacións deberán presentarse á Consellería do Medio Rural e estar debidamente xustificadas. O órgano competente deberá avaliar todas as modificacións presentadas.

3. Non se permitirán modificacións que:

a) Alteren os obxectivos xerais con que foi aprobado o programa.

b) Supoñan cambios nas condicións de admisibilidade.

c) Supoñan unha redución do orzamento do programa aprobado ou modificado superior ao 20 %.

d) Supoñan un atraso da execución do programa.

e) Implique unha variación da puntuación que recibiu a solicitude de axuda na fase de priorización de forma que quede por debaixo da puntuación de corte entre solicitudes seleccionadas e non seleccionadas.

4. O beneficiario deberá presentar as modificacións maiores antes do 1 de xullo do ano de execución das actuacións subvencionadas. Non obstante, para os programas de promoción levados a cabo en terceiros países correspondentes ao ano 2023, o prazo para presentar as modificacións maiores finalizará o día 15 de setembro de 2023.

A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias avaliará as solicitudes de modificación maiores presentadas e notificarán o seu resultado aos beneficiarios antes de dous meses.

Esta notificación poderá realizarse de forma individual para cada modificación ou de forma conxunta para todas as modificacións presentadas.

A non realización dunha sub-acción será sempre considerada como unha modificación maior.

5. As modificacións menores non requiren autorización previa da autoridade competente. Deberán ser comunicadas polo beneficiario a máis tardar no momento de presentación da solicitude de pagamento.

Entenderase como modificacións menores as transferencias financeiras entre as sub-accións dun programa xa aprobado de ata un máximo do 20 % do importe aprobado ou modificado.

6. Independentemente do disposto neste artigo, a Consellería do Medio Rural poderá excepcionalmente autorizar modificacións que non se axusten ás condicións indicadas nos apartados anteriores nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais.

7. As modificacións que supoñan un cambio nos orzamentos aprobados ou modificados suporán un axuste da subvención concedida.

8. As modificacións que supoñan un incremento dos orzamentos aprobados non suporán incremento da subvención concedida.

9. O beneficiario manterá a súa obriga de depósito de garantía de boa execución en razón dos importes calculados sobre a concesión de subvención inicial.

Artigo 17. Anticipos

1. O beneficiario poderá presentar á Consellería do Medio Rural unha solicitude de anticipo que poderá acadar o 50 % do importe da contribución anual da Unión Europea.

2. O anticipo aboarase a condición de que o beneficiario constituíse unha garantía por un importe, polo menos, do 110 % do importe do anticipo en favor do organismo pagador, de conformidade co artigo 64 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello e no capítulo IV do Regulamento Delegado (UE) 2022/127 da Comisión do 7 de decembro de 2021 que completa o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello con normas relativas aos organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, as garantías e o uso do euro.

3. O prazo de solicitude de anticipos rematará aos trinta dias da aceptación da resolución de concesión e de presentación da garantía de boa execución.

4. A garantía executarase cando a autoridade competente comprobe que se incumpriu algunha obriga relacionada coa intervención correspondente, ou cando ditas obrigas estean suxeitas a un prazo determinado e este se superase, segundo establece o artigo 24 do Regulamento Delegado (UE) 2022/127 da Comisión.

5. A garantía poderá ser liberada cando o organismo pagador comprobe que se cumpriu con todas as obrigas establecidas na intervención correspondente e conclúa que o importe do anticipo é inferior ao dos gastos reais correspondentes á contribución da Unión destinada ás operacións/programas de que se trate.

Artigo 18. Pagamentos

1. Poderase solicitar un único pagamento ou pagamentos intermedios da contribución anual da Unión Europea. As solicitudes referiranse ás accións realizadas e abonadas polo beneficiario.

2. Todos os pagamentos realizados polo beneficiario deben realizarse a través dunha conta bancaria única dedicada en exclusiva a este fin, agás as excepcións detalladas a continuación:

– Gastos de manutención: cando se soliciten a tanto alzado.

– Gastos xerais do beneficiario: sempre que se reservase unha partida específica para eles no orzamento recapitulativo do programa aprobado.

– Gastos da Seguridad Social e do IRPF.

– Pagamentos de nóminas.

– Viño empregado como material promocional.

– Pagamentos por compensación. Xa que se trata dunha práctica comercial habitual no sector, poderase aceptar o pagamento das facturas de accións de promoción mediante compensación con outras facturas emitidas polo beneficiario ao executor das ditas accións, sempre que se achegue xunto coa solicitude de pagamento, a seguinte documentación:

* Un certificado do emisor da factura polas accións de promoción, que deixe constancia do seu cobramento, e no que se identifiquen:

– Os datos do beneficiario.

– As facturas obxecto de compensación.

– O importe compensado.

* Copia das facturas que teña emitido con cargo ao executor das medidas de promoción e que servisen para efectuar a compensación, a efectos da comprobación da veracidade dos pagamentos compensados.

3. Os ingresos na conta única poderán proceder de tarifas ou contribucións obrigatorias aportadas polos beneficiarios.

4. As solicitudes de pagamentos intermedios deberán presentarse ante a Consellería do Medio Rural antes de que conclúa o mes seguinte a aquel en que expire cada período de catro meses, a partir do 1 de xaneiro. Estes pagamentos terán o carácter de pagamentos a conta. Cando se tramite un pagamento a conta, se o importe dos pagamentos tramitados supera os 18.000 €, o beneficiario deberá presentar con anterioridade ao pagamento da axuda unha garantía constituída por seguro de caución prestado por unha entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá acadar como mínimo ata os dous meses seguintes ao final do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento fraccionado. As garantías serán liberadas unha vez comprobado o cumprimento de todos os requisitos para o pagamento da axuda.

Os pagamentos intermedios e o pagamento do anticipo non poderán sobrepasar no seu conxunto o 80 % do total da contribución da Unión Europea.

5. Unha vez finalizadas as accións de cada anualidade, e antes do 15 de febreiro do ano seguinte á finalización do programa, o beneficiario poderá solicitar o pagamento final da axuda, que deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Un informe resumo das accións realizadas en cada país, desagregadas en sub-accións, co correspondente importe orzamentario aprobado e o custo final executado en cada unha delas.

No informe resumo débese describir cada unha das sub-accións levadas a cabo, e detallarse para cada unha delas como mínimo o seguinte:

– Datas, rexión e cidade de realización.

– Relación de contactos e reunións mantidas.

– Tipoloxía e número de asistentes/participantes.

– A(s) persoa(s) executora e/ou coordinadora das actuacións, tanto desde a empresa beneficiaria como en destino.

– Calquera outra información de interese ou descritiva da actuación.

Este informe resumo deberá ademais acompañarse cos medios de proba que acrediten a realización das sub-accións promocionais. Considéranse como medios de proba acreditativos que se deben presentar, entre outros, os seguintes:

– Fotografías datadas e con etiquetas de xeolocalización, así como reportaxes en CD ou vídeo.

– Notas de prensa das actuacións realizadas.

– Folletos promocionais do evento, cadernos e fichas de cata.

– Tarxetas de embarque e itinerarios de voos.

– Boletíns de inscrición no caso de feiras, concursos e outros eventos.

– Impresións de pantalla de páxinas web, apps e redes sociais, que conteñan referencias ou información ás actuacións desenvoltas.

– Spots e soportes publicitarios de campañas de promoción.

Ademais, no caso de misións inversas, debe informarse á Consellería con antelación suficiente, sobre a súa realización, e incluír a relación de participantes.

b) unha avaliación dos resultados obtidos que permita comprobar o cumprimento dos obxectivos inicialmente previstos polo beneficiario no programa.

c) Relación de xustificantes de gastos efectuados, seguindo o modelo incluído como Anexo X, xunto coas copias das facturas e xustificantes dos pagamentos realizados. No caso de accións cuxa execución se subcontrate a provedores de servizo, deberase aportar copia da factura de dito provedor e proba do seu pagamento efectivo.

As facturas presentadas deben indicar detalladamente todos os conceptos que inclúen, e que permitan relacionalas inequivocamente coas sub-accións subvencionadas. Non se admitirán facturas con conceptos xenéricos ou indefinidos, ou que non coincidan ou se axusten ás sub-accións e conceptos aprobados.

d) Declaración responsable relativa á conta bancaria mencionada no apartado 2 deste artigo (nome do banco, sucursal e codificación bancaria), así como extracto bancario desta no que se poida comprobar a realización dos pagamentos xustificados mediante as facturas citadas no punto c) anterior.

e) Declaración responsable do beneficiario, seguindo o modelo do Anexo VI, de non ser debedor por resolución de procedemento de reintegro, así como de concorrencia de axudas e de conformidade legal do material promocional.

f) No caso de material promocional, de información e publicitario (catálogos, folletos, carteis, etc.), deberase presentar un exemplar orixinal destes. Ademais, o beneficiario deberá aportar probas da chegada deste material a destino, de ser o caso.

g) No caso de estudos de mercado e de avaliación de resultados, deberase presentar unha copia do estudo ou informe realizado.

h) No caso de incluírse novos gastos admisibles non contemplados na concesión da axuda, deberase aportar a relación das ofertas solicitadas e elixidas para estes gastos seguindo o modelo do anexo IX, acompañada de todas as ofertas solicitadas incluídas en dita relación.

6. No caso de programas cuxa subvención aprobada sexa igual ou superior a 300.000 euros, os beneficiarios poderán presentar un certificado dos estados financeiros xunto á solicitude de pagamento sempre que nesta, a contribución da Unión sexa por un importe igual ou superior a 150.000 euros. Este certificado deberá cumprir os requisitos establecidos no artigo 70 do Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a Intervención Sectorial Vitivinícola no marco do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común.

7. O pagamento da axuda aboarase unha vez se executaran os correspondentes controis administrativos e, de ser o caso, sobre o terreo, das solicitudes de pagamento presentadas. Comprobarase que o programa para o que se solicita o pagamento se axusta á solicitude de axuda aprobada ou, no seu caso, modificada, conforme ás disposicións establecidas relativas ás modificacións.

Non se pagará ningunha axuda por un programa non incluído nunha solicitude de axuda, nin por unha acción non incluída nun programa inicialmente aprobado ou, no seu caso, modificado.

O importe final da axuda correspondente a cada programa será o resultado de aplicar as porcentaxes de financiamento correspondentes aos custos subvencionables, tendo en conta o método de pagamento aplicado e unha vez descontado o importe das posibles penalizacións, se as houber.

8. A autoridade competente realizará los pagamentos nun prazo máximo de 90 días hábiles desde a recepción completa da solicitude de pagamento. Este prazo poderá quedar interrompido mediante notificación da autoridade competente, no seu caso, si se considera necesario recibir información adicional ou efectuar algunha verificación.

Artigo 19. Incumprimento da resolución de concesión

1. Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executa e xustifica a totalidade dos gastos aprobados de todas as accións e sub-accións nos prazos establecidos, e cumpre co resto dos requisitos da resolución de concesión, procederá aboarlle a totalidade da subvención concedida.

2. Se se comprobara que algunha acción incluída na solicitude de axuda aprobada ou, no seu caso, modificada, non se executou, a axuda aboarase tendo en conta o seguinte:

– Cando non se executaron unha o varias accións por causas de forza maior ou circunstancias excepcionais, a axuda final reducirase de acordo co importe destas accións non executadas, é dicir, aboarase o importe correspondente ás accións individuais que se executasen totalmente.

– Cando non se executaron unha o varias accións por causas distintas á forza maior ou as circunstancias excepcionais, pero se acade o obxectivo global do programa, a axuda final reducirase aplicando unha penalización igual ao 100 % do importe correspondente ás accións incluídas na solicitude de axuda inicialmente aprobada ou modificada que non se executaran totalmente. É dicir, a axuda final a aboar será calculada tendo en conta o importe correspondente ás accións individuais que se executasen totalmente e aplicando dita penalización.

Para estes efectos, considerarase acadado o obxectivo global do programa cando o importe dos gastos realizados e admisibles representa como mínimo o 70 % do orzamento total aprobado do programa, e, ou ben se realiza o 70 % das sub-accións aprobadas, ou se realizan sub-accións no 70 % dos países aprobados. Para este cálculo excluiranse as accións ou sub-accións non realizadas por causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

– Cando non se executasen unha o varias accións por causas distintas á forza maior ou as circunstancias excepcionais, e non se logra o obxectivo do programa global, non se concederá ningunha axuda.

No caso de aplicar estas reducións, se xa se aboaron axudas por accións individuais exixirase o reintegro das cantidades correspondentes a ditas accións mais os xuros correspondentes.

Artigo 20. Pagamentos indebidos e sancións

1. O beneficiario deberá reintegrar os pagamentos indebidos xunto cos xuros, segundo o establecido no artigo 40 do Regulamento de execución (UE) 2016/1150, da Comisión, do 15 de abril de 2016. O tipo de xuro a aplicar será o de mora, establecido na correspondente Lei de orzamentos Xerais do Estado.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o Réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 37 a 45 da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da vide e do viño; nos artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Artigo 21. Controis

1. Efectuaranse os controis administrativos de todas as solicitudes de axuda, pagamento e modificación dos programas, e que abarcarán todos os elementos que poidan verificarse mediante este tipo de control.

Se logo da verificación dos datos contidos na solicitude correspondente se comprobara a existencia de datos falsos que en ningún caso poidan considerarse erros ou defectos emendables, a solicitude non se considerará admisible para recibir ningunha axuda para esta intervención.

2. Os controis sobre o terreo realizaranse con carácter previo ao pagamento final dun programa e terán por obxecto a verificación da realidade e subvencionabilidade dos gastos e consistirán no cotexo das facturas e xustificantes presentados cos rexistros contables e, de ser o caso, outros documentos xustificativos.

Poderán anunciarse con antelación, sempre que iso non interfira na súa finalidade ou eficacia. O anuncio limitarase estritamente ao prazo mínimo necesario, non podendo realizarse con mais de catorce días de antelación.

Os beneficiarios non deberán poñer ningún obstáculo á realización de cantos controis sexan considerados necesarios e deberán facilitalos en todo momento.

As mostras de control serán seleccionadas cada exercicio financeiro sobre a base dunha análise de riscos e tendo en conta a representatividade das solicitudes de pagamento presentadas.

O tamaño da mostra será, como mínimo, do 5 % das solicitudes de pagamento, que deberá así mesmo representar, polo menos, o 5 % dos importes polos que se solicite o pagamento no conxunto de cada intervención e para cada exercicio financeiro.

Entre un 20 % e un 25 % do número mínimo de solicitudes de pagamento que deban ser sometidas a control sobre o terreo seleccionaranse de forma aleatoria e o resto en función do risco.

O control realizarase sobre unha mostra equivalente, como mínimo, ao 30 % do importe da axuda solicitada e, como mínimo, ao 5 % do total das facturas ou outros xustificantes presentados ou cubertos polo certificado dos estados financeiros, aportados ata o momento no que se efectúa o control sobre o terreo.

3. Ademais dos controis indicados nos apartados anteriores, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de Desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

4. Antes do 15 de xaneiro de cada ano, a comunidade autónoma remitirá ao Fondo Español de Garantía Agraria un informe anual sobre os controis executados durante o exercicio financeiro anterior.

Artigo 22. Comprobación do material

Os beneficiarios da axuda deberán asegurarse da conformidade do material de información e promoción elaborado no marco dos programas, tanto coa normativa comunitaria como coa lexislación do terceiro país no que se desenvolve o programa. Para iso, o beneficiario presentará ante a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias unha declaración responsable na que indique a conformidade de dito material e o cumprimento da normativa de aplicación correspondente, así como evidencias da proba de chegada a destino do material promocional utilizado por parte do destinatario no terceiro país, sempre que sexa susceptible de ser utilizado noutro mercado distinto ao país de destino.

O beneficiario deberá presentar, así mesmo, un exemplar do material promocional, de información e publicitario subvencionado. No caso de que o seu tamaño ou formato o xustifique, no seu lugar poderán presentar fotos descritivas deles.

Artigo 23. Obrigas do beneficiario

O beneficiario deberá cumprir coas obrigas do artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada, así como a modificación de calquera das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda.

Artigo 24. Compatibilidade das axudas

1. Non se financiarán cos fondos da Intervención Sectorial Vitivinícola as intervencións que estean recollidas nos Programas de Desenvolvemento Rural ao amparo do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, e as medidas que están recollidas no Regulamento (CE) nº 1040/2002 da Comisión, do 14 de xuño de 2002, polo que se establecen normas particulares de execución das disposicións relativas á asignación dunha participación financeira da Comunidade para a loita fitosanitaria e se derroga o Regulamento (CE) nº 2051/97, nin outras medidas financiadas por instrumentos financeiros da Unión Europea.

2. Tampouco se financiarán cos fondos da Intervención Sectorial Vitivinícola, os programas simples de información e de promoción de viño asociado a outros produtos agroalimentarios ou os programas múltiples de información e promoción de viño, regulados ao amparo do Regulamento (UE) nº 1144/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 3/2008 do Consello.

3. A percepción das subvencións previstas nesta orde, para financiar o programa presentado, será incompatible coa de calquera outra que, para a mesma finalidade e obxecto, puidesen establecer outras administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Artigo 25. Comunicación relativa aos anticipos

Para os anticipos concedidos segundo o artigo 17, o beneficiario deberá realizar cada ano ao organismo pagador antes do 15 de febreiro xunto coa solicitude do pagamento do saldo da anualidade correspondente, unha declaración dos gastos que xustifiquen o uso dos anticipos na anualidade correspondente e a confirmación do saldo restante do anticipo non utilizado.

As persoas beneficiarias de programas para os que a contribución da Unión sexa inferior a 5.000.000 euros, non estarán obrigados á comunicación indicada relativa aos anticipos.

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada Lei.

Artigo 27. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Capítulo II

Convocatoria das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 28. Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo primeiro desta orde, as axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países para o ano 2023.

Artigo 29. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda para esta convocatoria comeza o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o día 13 de xaneiro de 2023.

Artigo 30. Gastos atendibles na convocatoria de 2023

Para a convocatoria de 2023 serán atendibles os gastos realizados entre o 1 de maio de 2023 e o 31 de decembro de 2023.

Artigo 31. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e farase con cargo ao concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, cunha dotación de 1.400.000 €, asi como de 2024 por un importe de 300.000€

Tendo en conta a tipoloxía de beneficiarios derivada das solicitudes recibidas e do importe de axudas asignado pola Conferencia Sectorial, axustarase a concesión das axudas á tipoloxía de beneficiarios dentro do crédito máximo autorizado, para o que se efectuará os correspondentes axustes orzamentarios.

2. Esta dotación poderá verse incrementada nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como cos fondos transferidos polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, sen prexuízo de posteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

3. Esta orde tramitase conforme ao establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que permite aprobar unha convocatoria de axudas nun exercicio orzamentario anterior ao de a súa resolución cando existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta, e conforme ao establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998, modificada respectivamente pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola do 25 de outubro de 2001, relativas á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2023.

Así mesmo, a concesión de subvencións queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Disposición adicional primeira

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto en:

– Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC; e o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021 sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) n° 1306/2013.

– Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os Regulamentos (CEE) n° 922/72, (CEE) n° 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) n° 1234/2007, así como nas súas modificacións e desenvolvemento posteriores.

– Na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve, así como noutras normativas de aplicación.

Disposición adicional segunda

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de Datos Nacional de Subvencións a información e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase ao Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións que sexan necesarias para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO II

Memoria

I. Formulario do beneficiario.

1. Beneficiario.

1.1. Presentación.

Nome, enderezo, enderezo de correo electrónico, teléfono fixo, teléfono móbil, fax, persoa de contacto responsable do programa.

1.2. Tipo de beneficiario (de acordo co artigo 7º da presente orde).

Indicar así mesmo se o beneficiario é un produtor vitivinícola, considerando como tal aquel que, independentemente da súa forma xurídica, sexa elaborador de viño.

1.3. Trátase dun novo beneficiario? SI/NON.

Para isto terase en conta que se consideran novos beneficiarios aqueles que nunca solicitaron axuda ou cuxos programas nunca foron aprobados desde o exercicio 2023 (FEAGA 2024).

1.4. Características da organización ou empresa propoñentes.

– Representatividade (indicativos de calidade a que pertence e marcas de viño que comercializa para cada unha).

– Importancia no sector (volume comercializado total e respecto á DOP/IXP a que pertence, valor da produción comercializada total, valor da produción comercializada no exterior).

1.5. Tipo de empresa.

Indicar o tipo de empresa conforme aos criterios establecidos no apartado 1 do artigo 7 desta orde.

Especificar si se trata de:

* Unha cooperativa ou outra entidade asociativa agroalimentaria (SATs, sociedade mercantil na que mais do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SATs).

* Unha empresa que elabora o viño comercializado.

1.6. O solicitante é ou forma parte dun grupo empresarial? SI/NON.

En caso afirmativo especifíquese o diagrama do grupo empresarial (indicando porcentaxes) e cales son as adegas do grupo que participan no programa.

1.7. O solicitante é unha Pequena ou mediana empresa (Peme)? SI/NON.

Para determinar si é unha Peme debe aplicarse a definición e criterios de cálculo establecidos na Recomendación 2003/361/CE da Comisión (DEL L 124 do 20/05/2003). Conforme a iso, para a súa determinación terase en conta a súa facturación, balance (no caso de sociedades) e número de empregados, calculados, sen prexuízo do sinalado na Recomendación 2003/361/CE, da seguinte forma:

* Se a empresa non participa nin está participada en mais dun 25 % por outras empresas, os datos serán os da propia empresa.

* Se a empresa participa e/ou está participada en mais dun 25 % por outras empresas, os datos serán os das contas consolidadas do grupo empresarial, en caso de existir, ás que se sumarán, de ser o caso:

* Os datos das empresas nas que participa e/ou está participada en mais dun 50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

* a parte proporcional (á participación) dos datos das empresas nas que participa e/ou están participadas nun 25-50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

Aplicando estes criterios de cálculo indicados na Recomendación 2003/361/CE, a empresa terá a consideración de Peme se ten menos de 250 traballadores e, ou ben a súa facturación anual non supera os 50 mill. €, ou ben o seu balance non supera 43 mill. €.

2. Acreditación da dispoñibilidade de recursos suficientes.

2.1. Balance de contas e copia das declaracións do IRPF (persoas físicas) o do imposto de sociedades (persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

2.2. Xustificación da dispoñibilidade de fondos suficientes para atender a parte do orzamento para a que se solicita cofinanciamento.

3. Acreditación da capacidade técnica.

3.1. Descrición dos recursos para a execución do programa (persoal, capacitación e medios).

Especificar se os recursos son propios ou alleos (importador/distribuidor ou prestador de servizos).

Se se seleccionaron varios organismos de execución, indicar as actuacións que realizarán cada un deles.

Definir a estrutura interna/externa (departamentos e funcións). Datos do departamento de comercio exterior (experiencia, persoal). Datos do departamento de márketing (experiencia, medios para o desenvolvemento das accións no país de destino, distribución no país de destino, carteira de produtos da empresa).

3.2. Xustificación da capacidade para executar o programa e experiencia en actuacións de promoción.

4. Capacidade de resposta comercial.

4.1. Tipos de viños e denominacións de calidade á que pertencen. Indicar as marcas comerciais dos diferentes tipos de viño.

4.2. Volume de comercialización total e volume exportado nos tres últimos anos (detallando o volume para cada un dos países obxecto do programa).

4.3. Volume de comercialización dispoñible para posible resposta comercial nos países obxecto do programa (detallando o volume en litros).

II. Formulario do programa.

Cubrir un formulario para cada programa.

1. Características do programa.

1.1. Produto(s).

Especificar o tipo de produto, conforme ao anexo IV, así como a carteira de produtos obxecto da promoción, indicando marcas/ tipos de viño e características.

1.2. Destino dos programas.

Especificar os países e os mercados de cada un dos países de destino, indicando a rexión así como o público obxectivo ao que se dirixen.

Detallar os motivos polos que foron seleccionados e as posibilidades de comercialización dos viños nos destinos elixidos.

1.3. Trátase dun programa dirixido a un novo destino (país ou mercado)? SI/NON.

En caso afirmativo especificar o novo tipo de mercado obxectivo e/ou o novo ámbito xeográfico.

1.4. Duración: (período máximo admisible de 12 meses) .

1.5 É continuación dun programa presentado e aprobado no exercicio FEAGA anterior? SI/NON.

2. Obxectivo.

Especificar os obxectivos concretos que se pretenden conseguir nos países/destinos elixidos e, se fose posible, cuantificados. Deben ser específicos, medibles, alcanzables, pertinentes e realizables.

Indicar para cada unha das sub-accións do programa, a cal dos seguintes obxectivos contribúe a súa execución (en caso de que se contribúa a varios, indicarase ao que se contribúa de forma maioritaria ou mellor):

– Apertura de novos mercados en terceiros países.

– Diversificación dos mercados de terceiros países.

– Consolidación dos mercados de terceiros países.

3. Estratexia.

Especificar que instrumentos de marketing (produto/prezo/mercado/promoción) e comunicación (publicidade/promoción-forza de ventas/relacións públicas/contacto directo con cliente) se utilizarán para acadar os obxectivos do programa.

Fundamentar os intereses e obxectivos propostos. Xustifíquese a coherencia da estratexia proposta para o programa ou, para cada terceiro país ou mercado de terceiro país, co obxectivo ao que se indicou que contribúe.

4. Accións.

4.1. Descrición detallada de como se realizaron cada unha das accións e sub-accións previstas por país e mercado. Cada evento de promoción concreto, realizado en datas concretas, debe considerarse como unha sub-acción de promoción diferente.

Deben indicarse expresamente os canais de comunicación elixidos para cada público destinatario.

4.2. Calendario previsto.

Lugares e datas onde se levarán a cabo as sub-accións previstas, especificando a cidade ou, en casos excepcionais, a rexión (por exemplo, poñer «os Estados Unidos» non é correcto), así como polo menos o mes de realización.

5. Público obxectivo.

Para cada sub-acción do programa débese detallar o público obxectivo ao que se dirixe co fin de coñecer o orzamento destinado a cada un deles.

Especificar se vai dirixido a consumidor, distribuidor-supermercado, distribuidor-maiorista, distribuidor-minorista especializado, distribuidor-restaurante, importadores, líderes de opinión-periodistas, líderes de opinión-expertos gastronómicos, e escolas de hostalería e restauración (débese utilizar expresamente esta terminoloxía para detallar os públicos obxectivos con precisión).

6. Mensaxes.

Especificar que mensaxes e eslogans de campaña se utilizarán sobre as cualidades intrínsecas dos produtos; ou no caso de tratarse de viños que contan cunha IXP/DOP, sobre o orixe do produto.

7. Repercusión previsible e método para medila.

Polo que se refire á repercusión previsible na evolución da demanda, a notoriedade e a imaxe do produto ou calquera outro aspecto vinculado aos obxectivos.

7.1. Especificar e cuantificar a repercusión previsible en termos de resultados realistas (crecemento en %, litros ou facturación, acordos con importadores e/ou distribuidores, notoriedade entre posibles clientes e consumidores, ...).

7.2.Especificar o método (cuantitativo e/ou cualitativo) e os indicadores que se utilizarán para medir os resultados ou repercusións, xa sexa por comparación co exercicio anterior ou pola penetración e posicionamento do produto no caso de novos mercados.

8. Interese nacional e comunitario do programa.

Describir o posible interese para a Comunidade Autónoma de Galicia, España e/ou a Unión Europea, en canto á apertura de novos mercados en terceiros países e a promoción dos nosos viños en ditos países que favoreza o seu consumo.

9. Orzamento.

9.1. Cadro recapitulativo.

Elaborar conforme aos modelos indicados:

a) Un cadro recapitulativo de accións e sub-accións previstas para cada país de destino e exercicio FEAGA, onde conste claramente o número de actividades que se van realizar, a rexión, o público obxectivo e o orzamento.

ORZAMENTO DO PAÍS:. .. ... . . .PARA O PERÍODO 1.5.2023 A 31.12.2023

Acción

Sub-accións previstas e número

Rexión

Públicos obxectivo

Importe (€)

a) accións de promoción, publicidade ou relaciones públicas

Importe total acción «accións de promoción, publicidade ou relacións públicas»

b) Participación en actos, feiras ou exposicións

Importe total acción «Participación en actos, feiras ou exposicións»

c) Campañas de información

Importe total acción «Campañas de información»

d) Estudos de novos mercados ou de mercados existentes

Importe total acción «Estudos de novos mercados ou de mercados existentes»

e) Estudos para avaliar os resultados

Importe total acción «Estudos para avaliar os resultados»

f) Preparación de expedientes técnicos, incluídas probas de laboratorio e avaliacións

Importe total acción «Preparación de expedientes técnicos, incluídas probas de laboratorio e avaliacións»

Importe total das accións (a+b+c+d+e+f)

*Gastos administrativos

**custos de persoal

Orzamento total do país.....

*O importe total dos gastos administrativos do país non pode superar o 4 % do importe total das accións no país.

**O importe total dos custos de persoal do país non pode superar o 20 % do importe total das accións no país.

A presentación do orzamento debe aterse á mesma estrutura e ao mesmo orde que a descrición das accións e sub-accións.

b) Un cadro xeral cos totais de cada un dos países.

ORZAMENTO TOTAL DO PROGRAMA PARA O PERÍODO 1.5.2023 A 31.12.2023

País

Orzamento (€)

% do orzamento total

Novo país (SI/NON)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TOTAL ...

 

9.2 Moderación de custos: xustificación de que os custos propostos non superan os prezos normais de mercado independentemente da cuantía do gasto solicitado.

Debe presentarse polo menos a correspondente factura proforma de cada sub-acción, así como as facturas proformas das outras ofertas independentes coas que se compara en cada caso.

10. Cadro resumo que inclúa ademais os programas executados en anos anteriores (a partir do exercico FEAGA 2024).

11. Outros datos pertinentes.

Indicar, se así o considera, outros datos non citados anteriormente que sexan relevantes para xustificar a idoneidade e interese do programa proposto.

Anexo III

Accións e Sub-accións de promoción

Accións

Sub-accións

a) accións de promoción, publicidade ou relacións públicas que destaquen en particular as normas rigorosas dos produtos da Unión Europea, sobre todo en termos de calidade, seguridade alimentaria ou medio ambiente.

Misións comerciais.

Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos, etc.).

Promocións en puntos de venta.

Portais web para promoción exterior, redes sociales.

Misións inversas.

Oficinas de información.

Gabinete de prensa.

Presentacións de produto, catas.

b) Participación en actos, feiras ou exposicións de importancia internacional.

Feiras e exposicións internacionais, etc., Sectoriais ou xerais, profesionais e de público en xeral. Catas.

c) Campañas de información, en particular sobre os réximes de calidade da Unión en relación coas denominacións de orixe, as indicacións xeográficas e a produción ecolóxica.

Encontros empresariais, profesionais, líderes de opinión e consumidores.

Xornadas, seminarios, catas, degustacións, etc.

d) Estudos de novos mercados ou de mercados existentes, necesarios para a busca e consolidación de novas saídas comerciais.

Estudos e informes de mercado novos ou existentes, que inclúan por exemplo paneis e probas preliminares antes de lanzar novos produtos en novos terceiros países ou novos mercados de terceiros países ou en mercados existentes.

e) Estudos para avaliar os resultados dos programas de promoción e información.

Estudos de avaliación de resultados das intervencións sectoriais de promoción.

f) Preparación de expedientes técnicos, incluídas probas de laboratorio e avaliacións, relativas a prácticas enolóxicas, normas fitosanitarias e hixiénicas, así como requisitos de terceiros países respecto á importación de produtos do sector vinícola, para posibilitar o acceso aos mercados de terceiros países ou evitar que se restrinxa dito acceso;

Preparación de expedientes técnicos relativos a probas enolóxicas.

Preparación de expedientes relativos a normas fitosanitarias e hixiénicas.

Preparación expedientes técnicos sobre requisitos de terceiros países respecto á importación do sector vinícola para posibilitar o acceso aos mercados de terceiros países ou evitar que se restrinxa dito acceso.

Probas de laboratorio e avaliacións.

ANEXO IV

Lista de produtos que poden ser obxecto de accións promocionais

1. Viño.

2. Viño de licor.

3. Viño espumoso.

4. Viño espumoso de calidade.

5. Viño espumoso aromático de calidade.

6. Viño de agulla.

7. Viño de agulla gasificado.

8. Viño de uvas pasificadas.

9. Viño de uvas sobremaduradas.

10. Viños ecolóxicos.

11. Viños desalcolizados.

12. Viños parcialmente desalcolizados.

ANEXO V

Criterios de priorización

Criterios de priorización

Puntuación

1º. Programas presentados por novos beneficiarios. *

25 puntos

2º. Programas que teñan como obxectivo novos países ou mercados dun terceiro país.**

25 puntos

3º. Programas relativos á produción de viños con Denominación de orixe, Indicacións xeográficas protexidas e ecolóxicos que indiquen a variedade

25 puntos

4º. Tipo de solicitante:

15 puntos (máximo)

4.1. O solicitante é unha cooperativa ou outra entidade asociativa agroalimentarias (SATs, sociedades mercantís nas que mais do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SATs).

15 puntos

4.2. O solicitante é un órgano de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.

10 puntos

4.3. O solicitante non está incluído nos tipos 4.1 ou 4.2, e é elaborador dos produtos comercializados.

5 puntos

5º. Características do programa de promoción:

10 puntos (máximo)

5.1.-Programas con un número medio de sub-accións por país igual ou superior a 4.

10 puntos

5.2. Programas con un número medio de sub-accións por país igual ou superior a 2 e inferior a 4.

5 puntos

Valoración total

100 puntos

* Entenderase por novos beneficiarios aqueles que non participasen nunca ou cuxos programas nunca formasen parte da lista de selección proposta pola autoridade competente desde o exercicio financeiro 2024.

** Entenderase como programas que teñan como obxectivo un novo país ou mercado de terceiro país aqueles programas que nunca formasen parte da lista de selección proposta pola autoridade competente desde o exercicio financeiro 2024. No caso de que o número de novos países ou mercados non fosen a totalidade do programa, a puntuación será proporcional ao importe do programa para accións en novos países ou mercados respecto do total do programa de promoción.

ANEXO VII

Condicións para a subvencionabilidade dos custos de persoal, gastos administrativos e outros

a) Os gastos de persoal contraídos polo beneficiario, polas filiais no sentido do artigo 31.7, do Regulamento Delegado (UE) 2022/126 da Comisión do 7 de decembro de 2021 ou, previa autorización da autoridade competente, por parte dunha cooperativa que sexa membro dunha organización de produtores, se se contraeron en relación coa preparación, a execución ou o seguimento dun programa financiado en concreto.

Ditos gastos de persoal incluirán, entre outros, os gastos do persoal contratado polo beneficiario e os gastos correspondentes ao número de horas de traballo que o persoal permanente invista na execución dun programa.

O beneficiario deberá presentar os documentos xustificativos nos que se detallen os traballos realmente realizados en relación co programa en cuestión. O valor do gasto de persoal relacionado con un determinado programa, deberá poder avaliarse e verificarse de forma independente e non excederá dos gastos xeralmente aceptados no mercado en cuestión para o mesmo tipo de servizo.

Aos efectos da determinación dos gastos de persoal relacionados coa execución dun programa por parte do persoal permanente do beneficiario, poderá calcularse a tarifa horaria aplicable dividindo por 1.720 horas os últimos gastos salariais anuais brutos documentados dos empregados que traballasen na execución do programa, ou determinarase de maneira proporcional no caso de empregados a tempo parcial.

A suma dos gastos de persoal non poderá superar o 20 % do total dos custos subvencionables das accións executadas, polo que ditos gastos deberán figurar convenientemente desglosados no orzamento recapitulativo do programa que se presente.

b) Gastos administrativos: serán subvencionables ata un límite dun 4 por cento dos custos subvencionables totais de execución das sub-accións promocionais e incluirán, no seu caso, os gastos correspondentes ao certificado dos estados financeiros, recollido no artigo 70.8. Estes gastos para ser subvencionables deberán estar contemplados como unha partida específica no orzamento recapitulativo do programa. Xustificaranse mediante un certificado do beneficiario que acredite eses gastos de administración e xestión do programa aprobado.

c) Aloxamento, manutención e comidas colectivas. Estas dietas aboaranse pola participación en eventos fora do lugar de traballo, e cubrirán o número de días necesarios para a realización da sub-acción.

– Aboarase unha dieta máxima polo aloxamento: 120 euros/persoa/día en España e 180 euros/persoa/día en terceiros países, previa presentación das facturas pagadas que deberán incluír como mínimo as datas de estancia, nome dos hóspedes e vinculación co beneficiario e o programa.

– Aboarase unha dieta a tanto alzado por estancia de 80 euros/persoa/día en España e de 90 euros/persoa/día en terceiros países para cubrir todos os demais gastos (comidas, transporte local, teléfono, etc.) pola participación de eventos fora do lugar de traballo, que cubrirá unicamente o número de días necesario para a realización da actividade. Dito gasto será subvencionable cando se aporten evidencias de que este foi contraído e abonado.

Os gastos de taxi ou similar desde as estacións de tren ou aeroporto ao lugar de traballo ou ao domicilio consideraranse gastos de desprazamento, polo que non estarán incluídos nesta dieta.

– Para comidas colectivas aboarase un importe máximo de 60 euros/persoa/día en España e 70 euros/persoa/día en terceiros países, previa presentación de facturas pagadas que detallen os servizos prestados, así como un listado dos participantes, a súa relación coa acción/programa promocional e o obxecto da reunión.

d) Viño a empregar nas sub-accións de promoción: no caso de catas, misións inversas e similares será dun máximo dunha botella de cada referencia por cada 6 participantes.

e) No caso de gastos en material promocional e de merchandising, o importe máximo de gasto admisible para cada un deses dous conceptos será do 30 % do importe do gasto total subvencionable de cada país do programa.

f) No caso das oficinas de información e gabinetes de prensa, o importe máximo de gasto admisible conxunto será do 50 % do importe do gasto total subvencionable de cada país do programa.

ANEXO VIII

Relación de gastos non subvencionables

• Provisións para futuras posibles perdas ou débedas.

• Gastos de transporte en taxi ou transporte público, cubertos polas dietas diarias.

• Gastos bancarios, xuros bancarios ou primas das pólizas de seguros. Entre ditos gastos atópanse, en particular, os gastos de constitución e mantemento dos avais bancarios que responden como garantía.

• Perdas por cambio de divisas.

• Gastos que estean fora do obxecto do programa.

• Creación e rexistro de marcas.

• Gastos equivalentes e asociados a descontos comerciais, nin os asimilables a axudas directas ao produtor.

• Compra de lineais e referenciación en puntos de venta en establecementos e locais ou a través de internet (lineais de supermercado, compra de listados en canal HORECA, lineais na web…)

• Con carácter xeral, os tributos só poderán considerarse gastos subvencionables, sempre que o beneficiario os abone efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Queda, por tanto, excluído o financiamento do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) así como o Imposto Xeral Indirecto Canario (IXIC) na intervención sectorial na que sexan deducibles.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file