Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66158

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarreaus

ANUNCIO da convocatoria do concurso para a provisión de postos de traballo dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego temporal.

Mediante o Acordo de Xunta de Goberno Local do 6 de decembro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección de persoal, mediante concurso, dunha praza de traballador/a para o posto de axente TIC, de cinco prazas de auxiliares de axuda no fogar e de dous condutores de rozadora, persoal laboral fixo, acollido ao proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Sarreaus. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello:

https://concellosarreaus.sedelectronica.gal, aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Sarreaus, 20 de decembro de 2022

Gumersindo Lamas Alvar
Alcalde presidente