Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66388

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Merca

ANUNCIO da convocatoria para executar a oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal (artigo 2 da Lei 20/2021).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 291, do 22 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexen a convocatoria para prover a seguinte praza, en execución da oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal, ao abeiro do artigo 2 da Lei 20/2021:

– 1 praza de encargado de instalación deportivas-socorrista, persoal laboral fixo, grupo 8, mediante o sistema de concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Merca, 22 de decembro de 2022

José Manuel Garrido Sampedro
Alcalde