BDNS (Identif.): 666306.
Primeiro. Destinatarios
Poderán participar nesta convocatoria os centros educativos que oferten ensinanzas de 1º e 2º curso de primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Cada centro poderá participar cunha ou varias aulas destes dous cursos. Cada aula constituirá un equipo conformado polo alumnado da aula e un docente responsable.
Admitirase unha participación por aula.
Segundo. Obxecto
Convocar os premios Innovaugas e establecer as súas bases reguladoras de participación durante o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento AU302A).
Terceiro. Bases reguladoras
Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 15 de decembro de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da entidade pública empresarial Augas de Galicia pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios Innovaugas 2022 para os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento AU302A).
Cuarto. Importe
O importe total en metálico destinado para esta convocatoria será de 12.000,00 € con cargo á conta financeira 6568 subvencións a institucións sen fin de lucro da entidade pública empresarial Augas de Galicia, coa seguinte distribución de anualidades:
2022: 0,00 €.
2023: 12.000,00 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xaneiro de 2023.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2022
Román Rodríguez González |
Ethel Mª Vázquez Mourelle |