Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66662

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 28 de decembro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, das prazas de persoal laboral identificadas no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivada da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Anúnciase a convocatoria do proceso selectivo para a contratación, baixo a modalidade contractual de persoal laboral fixo, mediante sistema de concurso, dun/dunha xefe/a de negociado (categoría 002 do grupo III) con destino na xerencia da axencia e de catro titulados/as superiores (categoría 004 do grupo I) para a realización de proxectos de investigación científica e técnica no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependentes ambos da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O prazo de presentación das solicitudes é de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidade-alimentaria/documentacion

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2022

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria