Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66703

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moeche

ANUNCIO da convocatoria e das bases para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 240, do 21 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases xerais e específicas para prover as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

– Unha (1) praza de auxiliar do servizo de axuda no fogar, polo sistema de concurso-oposición.

– Tres (3) prazas de auxiliar do servizo de axuda no fogar, polo sistema de concurso.

– Unha (1) praza de técnico/a deportivo/a, polo sistema de concurso.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Moeche

Moeche, 23 de decembro de 2022

Beatriz Bascoy Maceiras
Alcaldesa