Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66701

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cualedro

ANUNCIO da convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal para a selección de varias prazas.

Esta oferta pública extraordinaria aprobouse mediante o Decreto da Alcaldía do 26 de abril de 2022, anunciada mediante o edicto publicado no BOP núm. 98, do 30 de abril de 2022, e no DOG núm. 97, do 20 de maio.

Mediante o Decreto da Alcaldía do 14 de decembro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir as prazas e publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 290, do 21 de decembro, as bases que rexerán a convocatoria para prover mediante concurso-oposición as seguinte prazas:

Concurso-oposición:

– Arquitecto/a técnico/a (agrupada co Concello de Monterrei), asimilado A2, laboral fixo.

– Operario/a condutor/a de rozadoira (agrupada co Concello de Monterrei), grupo V, laboral fixo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica municipal (https://cualedro.sedelectronica.es).

Cualedro, 23 de decembro de 2022

Luciano Rivero Cuquejo
Alcalde