Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos para a estabilización do emprego temporal ao abeiro da Lei 20/2021.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 291, do 22 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais reguladoras dos procesos selectivos da oferta de emprego público de carácter excepcional, prevista tanto nas disposicións adicionais sexta e oitava como no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, do Concello de Antas de Ulla.

No mesmo BOP publicáronse, así mesmo, as bases específicas reguladoras das convocatorias e dos procesos selectivos de estabilización das prazas que a seguir se sinalan:

Unha praza de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, de auxiliar administrativo (grupo C2).

As seguintes prazas do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre:

Dezanove prazas de auxiliares de axuda no fogar.

Unha praza de operario de recollida de lixo.

Dúas prazas de limpadores.

Unha praza de información xuvenil.

Unha praza de auxiliar administrativo de servizos sociais.

Unha praza de vixilante.

As seguintes prazas do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre:

Dúas prazas de auxiliares de axuda no fogar.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica deste concello (https://concellodeantas.sedelectronica.gal/) e no taboleiro de anuncios.

Antas de Ulla, 23 de decembro de 2022

Javier Varela Pérez
Alcalde