Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67437

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas

EXTRACTO da Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II, III, categoría 62, e IV de persoal laboral fixo.

As bases completas que regulan as convocatorias poden consultarse na páxina web da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga) https://www.funga.org

De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir das 00.00 horas do día 16 de xaneiro de 2023, tal e como se establece nas bases.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e/ou na páxina web da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga) https://www.funga.org, de acordo co establecido nas bases.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2022

Juan José Couce Prego
Director xerente da Fundación Pública Galega
para a Tutela de Persoas Adultas