Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67428

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 26 de decembro de 2022 polo que se dá publicidade á Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico/a superior laboratorio non sanitario.

A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido no Decreto 79/2022, do 25 de maio (DOG núm. 102, do 30 de maio), polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no uso das competencias que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade,

RESOLVE:

Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico/a superior laboratorio non sanitario, en Santiago de Compostela.

As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso na web www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego Público/Outros procesos selectivos/Galaria).

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022

Rocío Mosquera Álvarez
Directora xerente