Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67444

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico/a Cexar e técnico/a de campo, da categoría oficial de comunicacións/auxiliar técnico/a de comunicacións do grupo V.

As bases da citada convocatoria estarán expostas na páxina web de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (www.retegal.gal).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do 16 de xaneiro de 2023. O modelo de solicitude figura no anexo I das bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nela.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022

Julián Cerviño Iglesia
Presidente do Consello de Administración de
Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A.