Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67399

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria e das bases que rexerán o proceso de provisión do posto da xefatura da Área de Urbanismo e Medio Ambiente.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 239, do 20 de decembro de 2022, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso de provisión, polo sistema de concurso específico de méritos, para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira do posto da xefatura da Área de Urbanismo e Medio Ambiente.

As instancias para solicitar tomar parte no proceso presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.

Arteixo, 20 de decembro de 2022

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente