Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67413

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Entrimo

ANUNCIO de resolución referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 280, do 9 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Seis prazas de auxiliar de axuda a domicilio do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

Unha praza de encargado/a de limpeza do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense, na sede electrónica municipal (https://entrimo.sedelectronica.es) e no taboleiro de anuncios.

Entrimo, 9 de decembro de 2022

Ramón Alonso López
Alcalde