Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67358

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 20 de decembro de 2022 da convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo.

Anúnciase a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo de persoal laboral fixo do Igape.

As bases da convocatoria poderán consultarse no portal web do Igape, no enderezo https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto, desde o mesmo día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día 16 de xaneiro de 2023.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e/ou no portal web corporativo do Igape, no enderezo https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica