Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2023 Páx. 226

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía 2022-1010 aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Vilaboa, que contén os seguintes postos de traballo:

Grupo

Denominación da praza

Natureza xurídica

Acceso

Sistema

Núm. de prazas

III

Encargado/a de obras e servizos básicos

Persoal laboral

Libre

Concurso-oposición

1

V

Operario/a de servizos múltiples

Persoal laboral

Libre

Concurso-oposición

1

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Vilaboa, 2 de decembro de 2022

César Poza González
Alcalde