Mediante a Resolución da Alcaldía do 12 de decembro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección de persoal, mediante concurso-oposición, dunha praza de traballador/a para o posto de auxiliar do servizo de axuda no fogar, persoal laboral fixo, acollido ao proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Lobeira. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello: lobeira.sedelectronica.gal aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria e o proceso de selección.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello: lobeira.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.
Lobeira, 12 de decembro de 2022
Antonio Iglesias Álvarez
Alcalde presidente