Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2023 Páx. 220

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lobeira

ANUNCIO da convocatoria de selección de persoal para catro prazas de auxiliar de axuda no fogar e unha praza de chofer de tractor-rozadoira.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 12 de decembro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección de persoal, mediante concurso, para catro prazas de traballador/a para o posto de auxiliar do servizo de axuda no fogar e unha praza de traballador/a para o posto de chofer de tractor-rozadoira, persoal laboral fixo, acollido ao proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Lobeira. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello: lobeira.sedelectronica.gal aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria e o proceso de selección.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello: lobeira.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Lobeira, 12 de decembro de 2022

Antonio Iglesias Álvarez
Alcalde presidente