De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada substitución do apoio 9UWP0JR0//113-1 na LMTA TUI803, LMTA e instalación dun reconectador (expediente IN407A 2022/461-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 1 de decembro de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2022/461-4.
Denominación: substitución do apoio 9UWP0JR0//113-1 na LMTA TUI803, LMTA e instalación dun reconectador.
Concello: Tomiño.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
nº |
m2 |
|||||
1 |
Carregales |
Rústico |
36054A062002810000EI |
Descoñecido/a |
1 |
1,44 |