Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 433

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cariño

ANUNCIO de convocatoria para prover diversas prazas.

Mediante as resolucións de Alcaldía do 2 de decembro de 2022, 5 de decembro e 9 de decembro aprobáronse as bases que, ao abeiro do disposto na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, deberán rexer a provisión das seguintes prazas:

Funcionario/a de carreira:

Grupo/subgrupo

Escala

Subescala

Nº de prazas

Acceso

C2

Admon. xeral

Auxiliar administrativo/a

1

Libre

Persoal laboral fixo:

Grupo profesional

Denominacion

Nº de prazas

Acceso

I

Técnico/a de deportes

1

Libre

II

Traballador/a social

2

Libre

III

Administrativo/a

2

Libre

III

Socorrista-monitor deportivo

1

Libre

IV

Auxiliar administrativo/a

4

Libre

V

Auxiliar axuda no fogar

15

Libre

V

Operario/a servizos

6

Libre

V

Conserxe-utilleiro

1

Libre

V

Condutor-operario

1

Libre

V

Camareiro/a-limpador/a

2

Libre

Estas bases foron publicadas integramente no BOP da Coruña núm. 233, do 12 de decembro de 2022, e as bases de socorrista-monitor deportivo no BOP da Coruña núm. 235, do 14 de decembro. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Cariño, 14 de decembro de 2022

José Miguel Alonso Pumar
Alcalde