Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 438

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 27.12.2022 aprobouse a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2022 e ordenouse a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Oferta de emprego público 2022

Denominación

Grupo/subgrupo

Tipo de persoal

Clasificación/categoría

Forma de acceso

Número de vacantes

Código RPT

Auxiliar administrativo

C2

Funcionario

Escala de adm. xeral/subescala auxiliar

Aceso libre

1

2005

O que se fai público para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 70.2 do texto refundido do Estatuto básico do empregado público.

Contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito

Foz, 28 de decembro de 2022

Francisco Cajoto Caserío
Alcalde