Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 342

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de decembro de 2022 pola que se convoca proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal de administración e servizos.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 238, do 16 de decembro de 2022, é cómpre efectuar as seguintes correccións:

Primeiro. Na páxina 63837, base 1.5, segundo parágrafo, onde di:

«Está eximido da realización desta proba quen presente coa solicitude copia do diploma antes indicado ou do certificado de aptitude de español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas ou título de licenciado en Filoloxía Hispánica ou Románica ou outros títulos homologados, así como os aspirantes de nacionalidade distinta á española en cuxos países sexa o castelán lingua oficial ou cooficial, ou que obtivesen en España un título».

Debe dicir:

«Está eximido da realización desta proba quen presente coa solicitude copia do diploma antes indicado ou do certificado de aptitude de español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas ou título de licenciado en Filoloxía Hispánica ou Románica ou outros títulos homologados, así como os aspirantes de nacionalidade distinta á española en cuxos países sexa o castelán lingua oficial ou cooficial, ou que obtivesen en España un título universitario».

Segundo. Na páxina 63848, na base 6.10, onde di:

«6.10. (...) Malia o anterior, e co fin de asegurar a cobertura da praza convocada, cando se produza a renuncia da persoa seleccionada antes da toma de posesión, ou non acredite os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano que convoca poderá requirir do tribunal de selección unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan por puntuación á persoa proposta, para a súa posible contratación como persoal laboral fixo».

Debe dicir:

«6.10. (...) Malia o anterior, e co fin de asegurar a cobertura da praza convocada, cando se produza a renuncia da persoa seleccionada antes da toma de posesión, ou non acredite os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano que convoca poderá requirir do tribunal de selección unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan por puntuación á persoa proposta».

Terceiro. Na páxina 63855, anexo II, C. Auxiliar administrativa, onde di:

«Primeiro exercicio: de carácter teórico, escrito e eliminatorio. Consistirá en contestar un test de 90 preguntas con 4 respostas alternativas, das que só unha será correcta, da primeira parte do programa».

Debe dicir:

«Primeiro exercicio: de carácter teórico, escrito e eliminatorio. Consistirá en contestar un test de 90 preguntas con 4 respostas alternativas, das que só unha será correcta».